Urxencia

Xaneiro 7th, 2013 | by cineclubedecompostela |

«Dun filme a outro podes mudar, mesmo diametralmente, o teu propio punto de vista. Sinto que hai unha forte unidade entre os meus filmes. De feito ás veces teño a sensación de estar a facer o mesmo en todos as miñas películas! Sempre a mesma historia, pero tratada en diferentes direccións, dende diferentes puntos de vista… aínda que cada novo filme comeza nun punto oposto ao anterior. O meu filme en Palestina respondía á urxencia da situación e foi, por tanto, menos consciente sobre si propio no nivel da auto-reflexión. E esa é unha importante escolla moral e se cadra tamén unha importante escolla política. N’Os palestinos existía unha certa necesidade de facer un filme asumíbel para un grupo específico de persoas… o comité de apoio a Palestina de Holanda… un país por certo que endexamais asumiu a súa culpa pola falta de comprensión cara a Palestina, que se remontan ás políticas desenvolvidas durante a Segunda Guerra Mundial.»

(tirado de http://rburnett.ecuad.ca/johan-van-der-keuken/)

Mércores 9 de xaneiro, ás 21.30h no Pichel
Non existen
(ليس لهم وجود [Laysa lahum wujud], Mustafa Abu Ali, Palestina, 1974, 25′, VOSG)
Os palestinos
(De Palestijnen, Johan van der Keuken, Países Baixos, 1975, 45′, VOSG)

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Post a Comment