Demolición

Decembro 17th, 2012 | by cineclubedecompostela |

MacDonald: O plano de apertura de Chaiqian, en cada unha das múltiples versións que teño visto, crea unha ilusión óptica: un home semella estar sentado nunha superficie plana pousada no chan, pero cando entra un traballador na imaxe decatámonos de que o home, en realidade, está a bastante altura. Lin isto como unha metáfora da realidade da estrutura de clases en China, un tema que aparece varias veces no filme, mesmo no final, cando as preguntas que vos fai a policía a ti e máis aos traballadores. É así como entendes ti este plano de apertura?

Sniadecki: Como marxista un tanto difuso e militante agochado, gústame bastante a túa lectura. Imaxino, porén, que a crítica de clase en China sería, se cadra, máis lexíbel, aguda e atenta cando este plano de apertura se transforma nunha panorámica de 360 graos que se afasta do momento que describes e cubre o lugar de traballo dos obreiros, que nese intre están a golpear e quitar o formigón do valioso aceiro corrugado, listo para ser reciclado. Aí tes os traballadores inmigrantes de mediana idade, en camiseta e sandalias, sen equipo de protección nin cascos, dobrados sobre as súas ferramentas, suorentos sobre os montes de cascallo gris, mentres os catros capataces repousan no máis alto do halfpipe dos skaters e miran abaixo ese rebentado campo de batalla no que eles mandan.

Tes razón no de que o tema da clase na China de hoxe penetra practicamente en todos os planos de Chaiqian, e conforma un tema, en xeral, do filme. Despois de todo, a desigualdade económica en China é visible e tan extrema no grao e na dimensión que se reflexa en practicamente todas as imaxes que se poderían tirar da China actual.

(Fragmento de The Sensory Ethnography Lab: Interview with J.P. Sniadecki, Stephanie Spray and Véréna Paravel)

Mércores 19 de decembro, ás 21.30h
Demolición
(拆迁 [Chaiqian] / Demolition, J. P. Sniadecki, China / EUA, 2008, 62′, VOSG)

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.