Un país endexamais fica completamente deserto

Decembro 10th, 2012 | by cineclubedecompostela |

«Eu quería facer un filme a partir dunha novela que non lera. Máis concretamente, que non podía ler, porque estaba escrita nunha lingua estranxeira que descoñezo – e nunca foi traducida. Estraña idea, diredes. É unha cuestión de confianza. De intuición, unha miga, pero sobre todo de confianza. Hoxe podo dicir que non andaba trabucado, que n’As catacumbas de Molussia, de Günther Anders, repousa unha fonda actualidade.

Sen poder ler o guión, como proceder, daquela? De maneira simple. Proceder sempre de maneira simple… Eu sabía, en calquera caso, da trama ficcional: os prisioneiros, afundidos na escuridade dun golpe de estado fascista imaxinario, Molussia, a transmisión de historias sobre o exterior, como acontece en tantas fábulas filosóficas. Como facelo?

Simplemente gravar este país imaxinario. E non é preciso ir moi lonxe. Vagar canda a miña amiga Nathalie a través de paisaxes máis ou menos urbanas, máis ou menos industriais. Parar acó e aló. Cómpre salientar que, procedendo deste xeito, chega un momento no que a necesidade de filmar agroma antes de termos decidido a natureza de “proxecto” ningún. Fabricar algúns aparellos co amigo Christophe para facer a empresa máis complexa e o resultado menos previsíbel. Non nos esquecer de filmar algúns humanos na súa actividade máis cotiá: o traballo. Un país endexamais fica completamente deserto.»

(Nicolas Rey, «A propos d’anders, Molussien«. O texto completo repartirase na sesión do mércores)

Mércores 12 de decembro, ás 21.30h
Doutro xeito, Molussia
(Autrement, la Molussie, Nicolas Rey, Francia, 2012, 81′, VOSG)

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Post a Comment