Unha empresa de demolición

Novembro 26th, 2012 | by cineclubedecompostela |

«O filme, formalmente, mestura improvisacións e longos planos secuencia. Coma en certos filmes americanos dos 70, despréndese unha impresión ambigua de espontaneidade e exceso. (…) O lume está sempre a piques de prender, a situación a estoupar. Hopper recorre a certos clixés fotográficos da súa época. Reproduce eses clixés de felicidade vulgar do american way of life, reinventa algunhas situacións convencionais do filme de redención, e estraga o decorado e as escenas por medio de estoupidos de violencia e de drama a punto de se desenvolver. É imposíbel para os personaxes crer nese soño. E en todo momento, estes están a piques de dinamitar ese clixé co que se tratan de fundir. (…) Out of the blue é, entón, un filme que se deixa levar por esa enerxía destrutiva e que toma a posta en escena como unha empresa de demolición frenética e impulsiva.»

(tirado de http://www.dvdclassik.com/critique/out-of-the-blue-hopper)

Mércores 28 de novembro ás 21.30 no Pichel
Out of the blue
(Dennis Hopper, Canadá, 1980, 94’, VOSG)

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Post a Comment