Praza da Oliveira (2)

Xuño 7th, 2012 | by cineclubedecompostela |

O mércores 6 de xuño, ás 11 da mañá, o Cineclube de Compostela e a Rede Feminista Galega convocaron unha rolda de prensa conxunta, diante do pazo de Raxoi, para informar aos medios da aplicación arbitraria de taxas por parte do Concello. Velaquí o texto remitido á prensa:

“O concelleiro asegurou que nin coa ordenanza actual, vixente dende xaneiro de 2008, nin coa aínda máis restrictiva que o Concello vén de aprobar o xoves 31 de maio, se lles ía cobrar por realizar as actividades que lles son propias ás entidades sen ánimo de lucro nin ás asociacións veciñais. En concreto, o señor concelleiro dixo que “xa non pagan taxas, e así seguirá sendo, porque esa cuestión non se modificará”. Porén, o Concello de Santiago xa está a cobrar taxas ás asociacións culturais e veciñais da cidade, aplicando coma nunca antes a ordenanza de 2008.

O pasado 11 de maio, o Cineclube de Compostela solicitaba permiso do Concello para a utilización da Praza da Oliveira os martes do mes de xuño, de cara a realizar un ciclo de cinema feminista gratuíto na rúa xunto coa Rede Feminista Galega. Case 20 días despois, a Concellaría de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, que dirixe o señor Vázquez, aprobaba o uso da praza, pero esixindo o pagamento previo dunha taxa de 405,52 euros por día, en virtude dunha ordenanza do 2008 que regula cuestións como a instalación de postos de artesanía, as rodaxes cinematográficas, os grandes espectáculos ou as atraccións. Cun total reclamado de 1622,08 euros, o Concello tenta imposibilitar pola vía económica a actividade, situando o uso do espazo público a un prezo máis elevado ca o marcado pola especulación para os alugueiros dos locais privados.”

 ler texto completo

Achegamos tamén a información recollida polos medios:

Grupos sociales desafían la norma que restringe actos en la calle en Santiago – El País
Crónica de Galicia, 06-06-12 – RNE5 (a partir do minuto 44)
Rede Feminista e Cineclube de Compostela acusan o Concello de querer “expulsar a cultura da cidade” – Praza Pública
Crece la rebelión de colectivos contra el pago por usar la calle – La Voz de Galicia
Críticas de la Red Feminista – El Correo Gallego
Contra a ordenanza – Dioivo
Denuncian que o Concello de Compostela mente sobre o uso do espazo público – Sermos Galiza
Rebeldía cada viernes para reclamar las calles de Santiago – El País

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.