Festa—11

Maio 31st, 2012 | by cineclubedecompostela |

Este sábado 2 de xuño, dende as 20h, celebramos a nosa tradicional festa de aniversario no Pichel. Desta volta, os músicos convidados son Das Kapital, Ataque Escampe e a Magnifique Bande dos Homes sen Medo. Para presentalos contaremos con Chiqui Pereira e Paula Carballeira, do grupo de teatro Berrobambán. E antes de nada, para abrir a noite, poderedes ver tres curtametraxes de Buster Keaton, Laurel & Hardy e Segundo de Chomón que falan ben deste tempo de andar a correr diante da policía… Insistimos: o fondo do aire é vermello.

Sábado 2 de xuño a partir das 20h no Pichel
FESTA XI ANIVERSARIO | Entrada: 4€ (destinados exclusivamente aos músicos)
Presenta:
Berrobambán

Filmes (20h):
Cops (Buster Keaton, EUA, 18′, 1922, VO)
Big bussiness (Laurel & Hardy, EUA, 19′, 1929, VO)
Pickpocket ne craint pas les entraves (Segundo de Chomón, Franza, 8′, 1909, VO)

Concertos (22h):
Das Kapital
Ataque Escampe
Magnifique Bande dos Homes sen Medo


Peche:
DJ Chapaev

■ Preme en cada imaxe para descargar os cartaces en pdf

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.