O fondo do aire é vermello (21). Cidades

Abril 2nd, 2012 | by cineclubedecompostela |

Neste programa, os alumnos de Comunicación Audiovisual, Jorge, Uxía, Adrián e Isabel, conversan con Iván Villarmea sobre London de Patrick Keiller e máis Los Angeles Play Itself de Thom Andersen, dous dos filmes que formaron o ciclo sobre a representación da cidade no cinema que se vén de celebrar no Cineclube. Tamén facemos un breve repaso a como ten aparecido na pantalla Santiago de Compostela. Soan Ry Cooder, Brahms, Beethoven e The Clash.

■ Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

■ Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

 

Sorry, comments for this entry are closed at this time.