Desculpas pola sesión de onte

Febreiro 23rd, 2012 | by cineclubedecompostela |

Dende o Cineclube de Compostela querémosvos pedir desculpas polo acontecido na sesión de onte, mércores 22 de febrero, na que por problemas técnicos tívose que cancelar a proxección das fitas Os exilados e Reloxo de area, incluídas no ciclo que iniciamos a semana pasada arredor das representacións da cidade no cinema. En especial queriámonos escusar perante aquelas de vós que vos achegastes ao Pichel en balde. Para tentar subsanalo dalgún xeito, decidimos volver programar a sesión e proxectar as obras de Gerima e MacKenzie en condicións. A data escollida é o mércores 14 de marzo, no noso horario habitual das 21.30 horas.

PRÓXIMAS SESIÓNS DO CINECLUBE

Mércores 29 de febrero ás 21.30h na Gentalha do Pichel
Londres
(London, Patrick Keiller, 1994, 85’)

Mércores 7 de marzo ás 21.30h na Gentalha do Pichel
Dammi i Colori
(Anri Sala, 2003, 15’)
A rúa
(El carrer, Joan Colom, 1960, 30’)
Noticieiros de Gravity Hill 1-5
(Gravity Hill 1-5, Jem Cohen, 2011)

Mércores 14 de marzo ás 21.30h na Gentalha do Pichel
Reloxo de area
(Hour Glass, Haile Gerima, 1971, 13’)
Os exiliados
(The Exiles, Kent MacKenzie, 1961, 72’)

Mércores 21 de marzo ás 21.30h na Gentalha do Pichel
Se tocan a un
(An Injury To One, Travis Wilkerson, 2002, 53’)

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Post a Comment

Olark Livehelp