Novembro: As Desagradecidas
Outubro 31st, 2011 | by cineclubedecompostela |As desagradecidas medrou a partir de dúas rupturas coa orde. As de dúas personaxes interpretadas por Sandrine Bonnaire. Mona en Sen teito nin lei, de Agnès Varda, e Sophie n’A ceremonia, de Claude Chabrol. Unha vagabunda e unha “moza para todo”. A elas fóronse sumando na miña cabeza outros personaxes de finais do século XX coma Benny, o d’O vídeo de Benny de Michael Haneke, e o ciclo completouse nas asambleas do Cineclube de Compostela. Está construído, o ciclo, a partir dun ruído que se cadra cada quen oe a súa maneira: o de non ser agradecidas.
Aínda que unidas pola tranquilidade –frialdade?– dos personaxes nos momentos de clímax, as historias de ficción de Mona, Benny e Sophie son ben diferentes. Pero seguro que de acontecer nalgures (que poderían) algún bruto –comentando o suceso co veciño ou coa reporteira da televisión– definiría aos nosos personaxes co mesmo termo: Malnacido. Malnacida.
As conexións están na exposición da acción non organizada, na exhibición do momento de ruptura. Da fenda. Nos filmes de Chabrol ou Haneke nós asistimos ao suceso e ao que o precede. Agnés Varda avisa: «Non hai xuízos feitos nin se impoñen un tipo de ideas”. Vemos qué acontece e o demais, a toma de posición, é cousa nosa.
Xiana Arias
***
NOVEMBRO 2011
Mércores 2 de novembro ás 21:30 no Pichel
En rachâchant
(En rachâchant, Danièle Huillet e Jean-Marie Straub, Franza, 1982, 7′, VOSG)
Sen teito nin lei
(Sans toit ni loi, Agnès Varda, Francia, 1985, 105’, VOSG)
Mércores 9 de novembro ás 21:30 no Pichel
Boudu salvado das augas
(Boudu sauvé des eaux, Jean Renoir, Francia, 1932, 85’, VOSG)
Mércores 16 de novembro ás 21:30 no Pichel
Cada un para si propio e Deus contra todos [O enigma de Kaspar Hauser]
(Jeder für sich und Gott gegen alle, Werner Herzog, RFA, 1974, 110’, VOSG)
Mércores 23 de novembro ás 21:30 no Pichel
O vídeo de Benny
(Benny’s Video, Michael Haneke, Austria-Suíza, 1992, 105’, VOSG)
Mércores 30 de novembro ás 21:30 no Pichel
A cerimonia
(La cérémonie, Claude Chabrol, Francia-Alemaña, 1995, 112’, VOSG)
■ Preme na imaxe para descargar o cartaz en pdf

