Peque Varela

Setembro 22nd, 2011 | by cineclubedecompostela |

Peque Varela abrirá a programación deste curso no Cineclube de Compostela, o vindeiro martes 27 de setembro, nunha sesión especial que contará coa presenza da autora ferrolá e na que poderemos saber máis do proceso creativo das súas curtametraxes. Varela, un dos escasos expoñentes no país de animación independente, acadou certa sona coa selección de 1977 para o festival de Sundance, unha peza que retrata o barrio de Caranza, Ferrol, a partir das súas propias vivencias de infancia. Gato encerrado, Gear e Phace completan o resto da súa produción.

Martes 27 de setembro ás 21.30 no Pichel
Gato encerrado (Peque Varela, 2010, 12′)
1977 (Peque Varela, 2007, 8′)
Phace (Peque Varela, 2005, 1′)
Gear (Peque Varela, 2004, 1′)
Sesión inaugural da tempada 2011-2012, coa presenza de Peque Varela

Sorry, comments for this entry are closed at this time.