Festa 10º aniversario

Xuño 9th, 2011 | by cineclubedecompostela |

O vindeiro sábado 11 de xuño celebramos o décimo aniversario do Cineclube de Compostela. Nesta ocasión contaremos cos concertos de Malandrómeda, Urro e Das Kapital, e máis os servizos de DJ Chapaev para pechar a velada. Pero antes abriremos coa proxección de Celia Cruz & Fania All Stars Live in Zaire, un filme de Leon Gast que rexistra o concerto que os latinos deran en Kinshasa no ano 1974. Entre a proxección e os concertos aproveitaremos para vos presentar o libro Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011), que recolle en pequeno formato toda a produción gráfica do Cineclube nestes dez anos de andaina. Agardámosvos no Pichel (rúa Santa Clara 21) a partir das 20.00.

Sábado 11 de xuño ás 20.00 no Pichel
20h: proxección de Celia Cruz & Fania All Stars Live in Zaire
21h: presentación do libro Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011), a cargo de Xosé Carlos Hidalgo e Antonio Doñate
22h: concertos de Malandrómeda, Urro e Das Kapital
??h: DJ Chapaev

(entrada: 3€, destinados íntegramente aos músicos)

Atención á mudanza na orde dos concertos: tocarán primeiros Malandrómeda, logo Urro e por último Das Kapital.

Sorry, comments for this entry are closed at this time.