Emblema democrático

Xuño 5th, 2011 | by cineclubedecompostela |

“ALAIN BADIOU: A arte, se cadra, e singularmente o cinema, non podería ter por función inventar unha especie de “nós” anónimo, como o é o que une os matemáticos no acordo sobre unha demostración, ou os amantes no acordo da súa travesía do mundo? Eu creo que si, e é por iso tamén polo que escruto as artes inmediatas.

ELIE DURING: Nun número recente de Critique consagrado á ‘cinefilosofía’, vostede fala do cinema como ‘emblema democrático’.

A.B.: Si, con toda a ambigüidade de fórmula. Pois o cinema é evidentemente a produción industrial dunha democracia das imaxes, dun universal compartimento (partage) das imaxes, cuxo paradigma é a arte pompier dos Imperios que chegan á súa fin. Mais é tamén o recurso dun novo envío (adresse) da arte, dunha universalidade que aínda balbuce. É a única arte que, hoxe, se mide co mundo. É a  única en poder inventar as ensinanzas e as fábulas que van facer erguer na mocidade, que sobe á escena da vida abafada, as novas e indispensábeis ‘revoltas lóxicas’. Teño fe no cinema.”

O século XXI aínda non comezou, Alain Badiou, pp. 18-19; Amastra-n-gallar.

[na imaxe, proxección no Obradoiro d’O proceso de Artaud, o pasado 26 de maio. Fotografía de Moncho Mariño]



Sorry, comments for this entry are closed at this time.