O campo hoxe

Outubro 7th, 2010 | by cineclubedecompostela |

“A nosa idea inicial era facer unha triloxía: o campo, a cidade e o bairro. O campesiñado, o obreiro industrial e os bairros populares. Dentro dese proxecto O campo para o home pretendía ser un ensaio xeral da situación agrícola en España, baseándose en libros amplos como os de Ramón Tamames. Queriamos filmar todos os niveis do campesiñado, dende o máis explotado de Galiza ou Andalucía, até o campesiño medio que podía vivir ben, como ocorría en zonas de Catalunya. Porén, as nosas limitacións económicas, provocaron que nos limitásemos ás zonas nas que estaba peor o campesiñado, é dicir o minifundio galego e o latifundio andaluz. Por aquel entón nin Helena nin eu podiamos traballar no ensino público pois non volveron contratar a aqueles que participaran nas folgas do sector e só contabamos co meu traballo como mestre en centros privados e co diñeiro que sacabamos de traducir textos de todo tipo.”

(Mariano Lisa, en conversa con Xan Gómez Viñas)

(Podedes descargar o cartaz da sesión en pdf aquí)

Sábado 9 de outubro ás 19:00 no Telecentro de Arzúa
O campo para o home
(El campo para el hombre, Mariano Lisa / Helena Lumbreras, Estado Español, 1973, 43’, VO)
Mesa redonda con Xosé Manuel Beiras, Lidia Senra, Lavinia Lisa Lumbreras e un dos editores do libro A defesa da Terra e a dialéctica do progresso

Sorry, comments for this entry are closed at this time.