Non conciliados (7). Festival da Poesía no Condado

Setembro 3rd, 2010 | by cineclubedecompostela |

O sábado 4 ás 18.00 h presentamos Non conciliados no XXIV Festival da Poesía no Condado, en Salvaterra de Miño. No acto intervirán Cristina Martínez e Samuel Solleiro, que participaron na publicación cos textos “Encenar a resistência ou Da actualidade de Bertolt Brecht em tempos de Amancio Ortega” [pdf] e “Cultura e diferenza. Visita ao zoolóxico do discurso político
(non dean de comer á extrema dereita)” [pdf], respectivamente.

[Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural pódese conseguir nas proxeccións do Cineclube de Compostela, nos postos de venda de Estaleiro Editora, nas librarías Couceiro e Pedreira de Santiago de Compostela, na libraría La Central de Barcelona ou enviando un correo cineclubedecompostela {arroba} gmail {punto} com]

Sorry, comments for this entry are closed at this time.