O cineclube viaxa a Marinaleda

Agosto 13th, 2010 | by cineclubedecompostela |

O Cineclube de Compostela colabora co Concello de Marinaleda (Andalucía) na realización do I Ciclo de Cinema Agrario de Marinaleda. Até alí van desprazarse membros do Cineclube e alí poderán verse filmes como “O campo para o home”, do Colectivo Cine de Clase, rodado na zona e tamén no Concello de Arzúa. Nas proxeccións vai repartirse un caderniño, en español, con colaboracións dun membro e un ex membro do Cineclube, que podedes descargar premendo aquí.

Luns 16 de agosto ás 22:30 no Anfiteatro do Parque Natural de Marinaleda
O mercado do trigo
(A Corner In Wheat, D. W. Griffith, EUA, 1909, 14′)
O campo para o home
(El campo para el hombre, Colectivo de Cine de Clase, Estado Español, 1975, 49′)

Martes 17 de agosto ás 22:30 no Anfiteatro do Parque Natural de Marinaleda
A illa das flores
(A ilha das flores, Jorge Furtado, Brasil, 1989, 13′)
A tornallom
(Enric Peric e Miguel Blanco, País Valencià, 2003, 48′)

Sorry, comments for this entry are closed at this time.