Non conciliados (6). Patriotismo
Xullo 22nd, 2010 | by cineclubedecompostela |O vindeiro 25 de xullo ás 19.00 h. Iria Sobrino Freire e Marcos Pérez Pena presentarán Non conciliados no Parque de Belvís de Santiago de Compostela. O acto será parte do programa de actividades organizadas por Causa Galiza.
=============
Marcos Pérez Pena, xornalista e ivestigador especialista na Transición e coordinador de O Xornal, revista da Central Unitaria de Traballadores, achegou para Non nonciliados o texto titulado «Contra o patriotismo»:
«En Galicia a formulación hexemónica do nacionalismo, que se di de esquerdas, creu achar no populismo unha síntese entre marxismo e identificación nacional. Este populismo de corte peronista realizou nos últimos trinta anos unha análise errada da sociedade na que o patriotismo xoga un papel vertebrador por riba das ideoloxías. Neste tempo foi ademais incapaz de construír unha imaxe de Galicia dende a Galicia real, un país que xa non é maioritariamente labrego e rural; o nacionalismo analizou a Galicia como sociedade terceiromundista, pouco complexa desde un punto de vista de clases sociais en conflito, o que fai imposibles solucións socialistas, propias de comunidades maduras e progresivas. O nacionalismo galego aspira a construírse sobre unha base social ampla e interclasista, a partir dunha visión esencialista do país, ligada á tradición e á terra, e con orixe na Xeración Nós e no imaxinario difundido por Otero Pedrayo.»
Marcos Pérez Pena, «Contra o patriotismo» [pdf]

By carlos aymerich on Xul 22, 2010
Este Pérez Pena, polo que se ve, está ao servizo do esquerdismo españolista e independentista -a CUT, claro- e só lle falta afiliarse a Izquierda Unida como está a piques de facer o seu seguramente idolatrado Ferrín. Pero as forzas nacionalpopulares organizadas no BNG acabaremos cos restos de marxismo crítico que aínda sobreviven na nosa nación:
Avante a fidalguía!
Trasalba ceibe, pode popular!
By Ramón López Suevos on Xul 25, 2010
Andade con ollo; vós tedes bolígrafo, pero nós temos pistola.
http://www.imdb.com/name/nm2784843/filmoyear
By Uxía on Xul 29, 2010
O autor do primeiro comentario non sei se será o Carlos Aymerich do BNG ou un farsante facéndose pasar por el: en calquera dos dous casos achámonos perante un impresentable. A non ser que sexa cousa de retranca, claro, que ao mellor son eu, que non chego pillar o seu ‘chiste’. Pensa o ladrón que todos son da súa condición, non, señor Aymerich? Por favor, volva ler o anaco de Bertolt Brecht que inclúe o autor ao comezo do seu texto, e repítao cen veces até que se lle apareza Gramsci e lle chame miserable á cara, por todo o que ten dito vostede até agora. Máis lle vale non ser o Carlos Aymerich real, porque nese caso está vostede a insultar a todo o proletariado alienado que vota ao BNG (partido pequeno-burgués). Españolista e independentista? Fóiselle a cabeza unha vez máis? Estea caladiño e agarde sentado ao mes de novembro, que non dubidamos os «españolistas» (como vostede nos califica nun novo capítulo da súa supina idiotez) de que para entón acodirá vostede á misa de Ratzinger en Compostela xunto con outro pequeno-burgués inimigo da internacionalismo proletario: o seu adorado Anxo Quintana.
By carlos aymerich on Xul 30, 2010
Uxía, vostede dedíquese a cantar e deixe a política para os políticos.