Estrea mundial de Tanyaradzwa, ás 20:30

Xuño 18th, 2009 | by cineclubedecompostela |

Tanyaradzwa (Tanyaradzwa, Alberte Pagán, Galiza, 2009, 186')

“Esta última peza continúa en certo xeito coa miña investigación arredor da narración oral. Como foi o conto, por exemplo, é pura oralidade, pois nela presento unha muller relatando unha historia nunha cea familiar sen introducir ningunha manipulación. Tamén é o caso de Bs. As, no que introduzo a imaxe e o son de xeito independente. En Tanyaradzwa continúo indagando sobre os procesos de oralidade, mais, ao contrario que en Bs As., cada declaración preséntase coa súa imaxe correspondente, sen manipulación algunha, con planos sostidos que chegan aos 12 minutos. Neste caso apetecíame respectar o seu tempo de narración cos silencios incluidos.”

(Alberte Pagán, da entrevista de Xan G. Viñas que podedes ler completa en Vieiros)

Mércores 24 de Xuño, ás 20.30 horas
Tanyaradzwa
(Tanyaradzwa, Alberte Pagán, Galiza, 2009, VO, 186′)
Estrea mundial. Coa presenza do director

Sorry, comments for this entry are closed at this time.