Cara a unha (nova) política da representación

Fragmentos dunha fábrica en desmontaxe (Fragmentos de una fábrica en desmontaje, Isaac Marrero, Guillermo Beluzo e Roberto Garc�a, internacionalista e autoxestionado, 2007, VO, 40′)

"O punto de partida foi duplo: por unha banda, unha serie de inquedanzas ao redor da representación; por outro, contar a historia das transformacións do conflito. En documento de traballo de Setembro e Outubro do 2005, lemos:

Cara a unha (nova) política da representación

  • Un cinema elíptico e seco
  • Sintético e lacónico
  • Que reclama, abertamente, o uso de significantes
  • Un cinema elidido
  • Un cinema denotativo. Estritamente.
  • Un cinema con conciencia reflexiva das súas bases lingüísticas e políticas.
  • Recuperar a noción do fóra de campo, non xa como boicoteo á pulsión escópica e á ilusión de totalidade, senón como explicitación da importancia e determinismo do encadre como selección de realidade. Fundamental no documental etnográfico, propenso a pretender obxectividade.
  • Reconciliar a distancia moral (plano fixo, á altura dos feitos, ángulos rectos) coa articulación dunha posición antagonista.
  • Incluír o proceso de toma de decisións, a construción do posicionamento
  • Liberar á observación da vontade de construír unha representación exhaustiva. Liberala de toda pretensión e tratar de que mostre.
  • Buscar un "grao cero" que non pretenda a obxectividade, senón que a desborde
  • Destruír o "realismo psicolóxico" (Nichols)
  • "Concisión, sobriedade, laconismo" (Kaurismäki)"

(Isaac Marrero, Algunos comentarios en torno al proyecto fragmentos de una fábrica en desmontaje (Isaac Marrero, Guillermo Beluzo, Roberto García, 2007). Podedes ler o orixinal en español completo aquí)

Mércores 25 de Xuño ás 22:00:
Fragmentos dunha fábrica en desmontaxe
(Fragmentos de una fábrica en desmontaje, Isaac Marrero, Guillermo Beluzo e Roberto García, internacionalista e autoxestionado, 2007, VO, 40')

Chuzame! chúzame -

Leave a Comment