Unha fin e un comezo

Svyato (Viktor Kosakovsky, Rusia, 2005)


"Maria é un filme de requien para unha labrega rusa, Maria Semionovna Voinova. Maria Semionovna cultivou liño toda a súa vida. Cando morreu, os seus coñecementos do cultivo dos campos e dos métodos agrícolas morreron con ela. Perdéronse, xa que non foi quen de pasar esta información á súa familia"

(Aleksandr Sokurov)

"Un bebé pode estar rodeado de amor, os seus pais poden xogar con el e aprenderlle cousas, mais ninguén pode axudalo coas cuestións máis importante. Quen son? Perante unha pregunta así, estás só. Podes ler unha chea de libros sobre o amor ou Deus, mais, ao final, és o único que pode responder á pregunta de se existen ou non."

(Viktor Kosakovski, sobre Svyato)

Mércores 11 de Xuño ás 22:00:
María
(Mariya, Aleksandr Sokurov, URSS, 1988, VOSE, 41')
Svyato
(Svyato, Viktor Kosakovski, Rusia, 2005, VO, sen diálogos, 45')

Chuzame! chuzame -

Leave a Comment