Archive forxuño, 2008

Cara a unha (nova) política da representación

Fragmentos dunha fábrica en desmontaxe (Fragmentos de una fábrica en desmontaje, Isaac Marrero, Guillermo Beluzo e Roberto Garc�a, internacionalista e autoxestionado, 2007, VO, 40′)

"O punto de partida foi duplo: por unha banda, unha serie de inquedanzas ao redor da representación; por outro, contar a historia das transformacións do conflito. En documento de traballo de Setembro e Outubro do 2005, lemos:

Cara a unha (nova) política da representación

  • Un cinema elíptico e seco
  • Sintético e lacónico
  • Que reclama, abertamente, o uso de significantes
  • Un cinema elidido
  • Un cinema denotativo. Estritamente.
  • Un cinema con conciencia reflexiva das súas bases lingüísticas e políticas.
  • Recuperar a noción do fóra de campo, non xa como boicoteo á pulsión escópica e á ilusión de totalidade, senón como explicitación da importancia e determinismo do encadre como selección de realidade. Fundamental no documental etnográfico, propenso a pretender obxectividade.
  • Reconciliar a distancia moral (plano fixo, á altura dos feitos, ángulos rectos) coa articulación dunha posición antagonista.
  • Incluír o proceso de toma de decisións, a construción do posicionamento
  • Liberar á observación da vontade de construír unha representación exhaustiva. Liberala de toda pretensión e tratar de que mostre.
  • Buscar un "grao cero" que non pretenda a obxectividade, senón que a desborde
  • Destruír o "realismo psicolóxico" (Nichols)
  • "Concisión, sobriedade, laconismo" (Kaurismäki)"

(Isaac Marrero, Algunos comentarios en torno al proyecto fragmentos de una fábrica en desmontaje (Isaac Marrero, Guillermo Beluzo, Roberto García, 2007). Podedes ler o orixinal en español completo aquí)

Mércores 25 de Xuño ás 22:00:
Fragmentos dunha fábrica en desmontaxe
(Fragmentos de una fábrica en desmontaje, Isaac Marrero, Guillermo Beluzo e Roberto García, internacionalista e autoxestionado, 2007, VO, 40')

Chuzame! chúzame -

Comentarios

Un golpe agresivo

Umbracle (Umbracle, Pere Portabella, Catalunya, 1970, 85′)

"Umbracle [...] é o filme máis conmovedor e máis conseguido de Portabella até o momento. Aquí encontramos unha síntese dos mellores logros das súas produccións anteriores, pois une a liberdade e variedade de Nocturno 29 co rigor e a simplicidade de Vampir-Cuadecuc.

Mesmo se Umbracle é o máis provocador dos seus filmes, é tamén o que mellor admite a análise e a paráfrase. A dicotomía enxeñosa e a dialéctica entre o son e a imaxe en Vampir-Cuadecuc vai máis alá, até se convertir nun golpe agresivo ás expectativas narrativas do inconsciente do/a espectador/a."

(J. Rosenbaum. Podedes ler máis extractos en español aquí)

Mércores 18 de Xuño ás 22:00:
Umbracle
(Umbracle, Pere Portabella, Catalunya, 1970, VO, 85')

Chuzame! chúzame -

Comentarios

Unha fin e un comezo

Svyato (Viktor Kosakovsky, Rusia, 2005)


"Maria é un filme de requien para unha labrega rusa, Maria Semionovna Voinova. Maria Semionovna cultivou liño toda a súa vida. Cando morreu, os seus coñecementos do cultivo dos campos e dos métodos agrícolas morreron con ela. Perdéronse, xa que non foi quen de pasar esta información á súa familia"

(Aleksandr Sokurov)

"Un bebé pode estar rodeado de amor, os seus pais poden xogar con el e aprenderlle cousas, mais ninguén pode axudalo coas cuestións máis importante. Quen son? Perante unha pregunta así, estás só. Podes ler unha chea de libros sobre o amor ou Deus, mais, ao final, és o único que pode responder á pregunta de se existen ou non."

(Viktor Kosakovski, sobre Svyato)

Mércores 11 de Xuño ás 22:00:
María
(Mariya, Aleksandr Sokurov, URSS, 1988, VOSE, 41')
Svyato
(Svyato, Viktor Kosakovski, Rusia, 2005, VO, sen diálogos, 45')

Chuzame! chúzame -

Comentarios

Margarita Ledo Andión

Liste, pronunciado LÃster (Margarita Ledo, Galiza, 2007)

"Tal vez por iso eu escollo, sempre, o filme político."

(Margarita Ledo Andión, Un filme político, por favor)

Mércores 4 de Xuño ás 22:00:
Presentado por Margarita Ledo Andión:
Cienfuegos, 1913
(Margarita Ledo Andión / Belkis Vega, Galiza / Cuba, VO)
Para Líster
(Margarita Ledo Andión, Galiza, 2007, VO, 14')

Chuzame! chúzame -

Comentarios

Maio 68-08

Estados Xerais do Cinema, no Maio do 68 (Imaxe de Grandes seráns, pequenas mañás)

PROGRAMACIÓN DO CICLO

Luns 2 de xuño ás 19:00 no salón de actos da Facultade de Filosofía:
À bientôt, j'espère (Chris Marker e Mario Marret, Franza, 1968, VOSG, 45m).
La révolution n'est qu'un début. Continuons le combat (Pierre Clémenti, Franza, 1968, VO, sen diálogos, 25m).

Martes 3 de xuño ás 19:00 no salón de actos da Facultade de Filosofía:
El grito, (Leobardo López Aretche, México, 1968, VO, 101m).

Mércores 4 de xuño ás 19:00 no salón de actos da Facultade de Filosofía:
Un film comme les autres (Jean-Luc Godard, Franza, 1968, VOSE, 100m).

Xoves 5 de xuño ás 19:00 no salón de actos da Facultade de Filosofía:
In girus imus nocte et consumimur igni
(Guy Debord, Franza, 1978, VOSE, 95m).

(Ciclo organizado por Baleiro en colaboración co Cineclube)

Chuzame! chúzame -

Comentarios