‘A terra’, con música en directo
"Queria mostrar o estado dunha aldea ucraína no 1929, quer dicir, no tempo en que pasaba a través dunha transformación económica e unha mudanza mental nas masas."
"Traballo con actores, mais por riba de todo con xente collida das masas. O meu material precisao. Un non debera ter medo de usar actores non profesionais, porque cómpre lembrar que cadaquén pode representar polo menos o seu propio papel na escena."
(Aleksandr Dovzhenko)
Xoves 29 de Maio ás 20:30 na Igrexa da Universidade:
A terra
(Земля [Zemlya], Aleksandr Dovzhenko, URSS, 1930, VOSG, 75')
[proxección con música en directo: Martina Schobersberger ao órgano e Michael Oman á guitarra eléctrica]
chuzame - ![A terra (Земля [Zemlya], Aleksandr Dovzhenko, URSS, 1930)](http://cineclubedecompostela.blogaliza.org/files/2008/05/zemlya.jpg)