Un soño acordado

Tarnation (Tarnation, Jonathan Caouette, 2004, EUA, 88′)

“Concebín o filme como unha nova maneira de ollar para o documentario, como se estivese a imitar o meu proceso de pensamento, proporcionando ao público a experiencia de veren o que era estar dentro da miña cabeza.”

“Filmar tornouse un medio de desasociación e fuga. Ao coller unha cámara, cando era neno, encontrei unha maneira de sobrevivir á vida que tiña e useina como unha arma, un escudo e unha maneira de iluminar os meus sentimentos acerca de todo. Filmar as cousas era unha maneira de falar comigo mesmo. [...]
Tarnation foi concebido para imitar os meus procesos de pensamento, de modo que tamén a audiencia poidese ter a sensación de estar a vivir nun soño acordado, o que pode ser aterrorizante e intenso, mais tamén lindo e glorioso.
Tarnation é un documentario no sentido en que é unha historia verdadeira, mais tamén porque é un acontecimento, un encontro.”

(Jonathan Caouette)

Mércores 28 de Maio ás 22:00
Tarnation
(Tarnation, Jonathan Caouette, 2004, VOSE, EUA, 88')

Chuzame! chuzame -

1 Comentario »

  1. ... Said,

    maio 29, 2008 @ 1:29 am

    Bela merda.
    Bonita estética de videoclip, pésimo documentario.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment