Algo máis do que unha forma

A negra de… (La noire de…, Ousmane Sembene, 1966, Senegal / Franza, 65′)

"O cinema é unha escola nocturna permanente. A xente participa. [...]
Viñen a Marsella a traballar coa clase operaria. Vivía cos franceses. Era unha escola. Estaba no sindicato con 5000 estibadores. Loitamos contra a guerra do Vietname. Aprendimos: foron os outros os que me aprenderon, os curmáns axudáronme a comprender o meu pobo. [...]
En cada filme que fago, tento dirixirme a un número maior de africanos. Tento ser menos badueiro e expresar o noso tempo. [...]
Non hai unha estética do cinema africano: cada artista ten o seu estilo, a súa marca. [...]
Non hai nada universal para un artista: ao primeiro está a pulsación do seu pobo. É preciso ver e rever As estatuas tamén morren de Alain Resnais e Chris Marker: apréndese moito de estética, da valoración das máscaras. Este filme estivo prohibido ben de tempo polos seus comentarios, non polas imaxes. Temos un arte e fai falla distinguir entre cultura e civilización: a cultura é unha referencia a un grupo, no entanto, a civilización compartímola todos. África parte das súas culturas cara a unha civilización, que herde de todas elas.
A negra de… tiña a dificuldade de comunicarse co neocolonialismo. Pode verse un rol preciso na máscara que a moza ofrece á parella de brancos, unha referencia ao máis alá e ao mundo dos espíritos. Un europeo non vai ver máis que unha forma. Esta relación co sagrado é outra...
Desexo que haxa rupturas entre os francófonos e a Franza. Os textos asinados non valen. Cando compartes un leito con alguén, dislle onde está o teu abceso. Os africanos e as máscaras: os africanos masacráronas decote por causa do Islam. Non se conservou ren: u-los museos? En A negra de... a moza prostitúese: entrega a súa máscara. Deitárona no lixo e ela recupéraa. Recupéraa para chorar sobre ela. O neno a quen lla levan xoga con ela aínda. É unha crítica da miña sociedade. Senghor estaba contra este filme!"

(Treitos da intervención de Ousmane Sembène no festival de Cannes de 2005. Podedes ler o texto íntegro en francés aquí)

Mércores 7 ás 22:00
A negra de...
(La noire de..., Ousmane Sembene, 1966, VOSG, Senegal / Franza, 65')

Chuzame! chuzame -

Deixanos o teu comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image