Arquivos de Abril, 2008

O ollar do estranxeiro

Os meus pequenos amoros (Mes petites amoreuses, Jean Eustache,  Franza, 1974)

"A mamá e a puta era un filme de palabras. Os meus pequenos amoríos, é un filme de ollares. Martin Loeb, o rapaz que encarna Daniel, non actúa (non imita o natural) e fala ben pouco. Conténtase con estar, con ollar. Un ollar por veces glacial, molesto pola súa agudeza e perspicacia. Non é un mundo deformado, disfrazado polos ollos do neno, o que nos fai descubrir Daniel: é a realidade núa, despoxada dos seus veos e ouropeis. Esta realidade, Daniel examínaa como un obxecto insólito."

(Jean de Baroncelli en Le Monde, 24-12-1974)

"Son un cidadán dun país ocupado por forzas extranxeiras."

(Jean Eustache)

Martes 30 de Abril ás 22:00:
Os meus pequenos amoríos
(Mes petites amoreuses, Jean Eustache, Franza, 1974, 123', VOSG)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Un sorriso con gato

Gatos pendurados (Chats perchés, Chris Marker, Franza, 2004)

“Pouco tempo despois do choque de Setembro de 2001, velaí que aparecen, nos tellados de París, uns gatos. Cun grafismo simple e de feitura perfeita, que resalta sobre a virtuosidade, por veces enleada, dos grafittis, levan con fachenda un amplo sorriso. Así que alguén, á noite, arrisca romper o pescozo por facer pairar unha mensaxe de bondade sobre esta cidade que tanta falta ten. Este filme constrúese seguindo a pista dos Gatos Sorrintes, de sorpresa en sorpresa”

(Chris Marker)

Mércores 16 de Abril ás 22:00:
Gatos pendurados
(Chats perchés, Chris Marker, Franza, 2004, VOSG, 57')

Chuzame! chuzame -

Comentarios (2)

Imaxes exhumadas

Do polo ao ecuador (Dal polo all’equatore, Yervant Gianikian / Angela Ricci-Lucchi, RFA / Italia, 1987, 96′)

"Do polo até o ecuador, en efecto, percórrese un espazo xeográfico, do norte ao sur, mais tamén unha estratificación temporal complexa que, enfiando un conxunto de feitos históricos (datas, lugares, procedencia das imaxe), colócanos diante dunha historia do noso tempo que se nos permite rever, imaxinar de novo, "volvela posíbel outra vez". Partidas de caza no Artico e en África, desfiles de negros con traxes ridículos, paradas militares nas colonias, catequización de mozos africanos, escenas da primeira guerra mundial, etc. O ralentizado confire un engadido espectral ás imaxes (vólvese a experiencia de Gorki no cinema): fai aparecer a posta en escena do real para a cámara, mais tamén o que lle escapa, o "flow of life" de que falaba Kracauer, que a ampliación ou a detención da imaxe revela aínda mellor: estas imaxes exhumadas dan testemuño e viran obra de resistencia"

(André Habib, "Du found footage en général, et des films de Angela Ricci-Lucci et Yervant Gianikian en particulier" in Hors Champ. Podedes ler o orixinal completo en francés aquí)

Mércores 16 de Abril ás 22:00:
Do polo ao ecuador
(Dal polo all'equatore, Yervant Gianikian / Angela Ricci-Lucchi, RFA / Italia, 1987, VO [sen diálogos], 96').
Presentado por Margarita Ledo Andión.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

O que é o cinema

O cinema é… 1-12 (Film ist… 1-12, Gustav Deutsch, Austria, 1998-2002)

"É como se estivessemos embriagados ou drogados (drogados de cinema, disse Godard a propósito de les 400 coups) ou então como se entrássemos nos sonhos de outras pessoas — de pessoas desconhecidas — , e todas essas imagens sonhadas, cheias de significados extravagantes que nos escapam e atraem ao mesmo tempo, colam-se a nós ou assim parece. Sim, é aí que tudo se passa, numa fracção de segundo de pura ilusão em que já não sabemos bem quem somos (a primeira equação do cinema? je est un autre). Através da sequência de imagens (e, à partida, nada as liga entre si, maravilhoso caos), surge uma linha de movimento que é o próprio ritmo do mundo, ou do cinema — é a mesma coisa. E nós olhamos hipnotizados e não percebemos nada e percebemos tudo — é a mesma coisa. Sim, o cinema é. O cinema existe para nos inquietar, como um fogo."

(A proposito de O cinema é. Máis unha vez, tirado de dias felizes)

Mércores 9 de Abril ás 22:00:
O cinema é... 1-12
(Film ist... 1-12, Gustav Deutsch, Austria, 1998, VO, 90')

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Insistimos: A propiedade intelectual é un roubo

Whisky a esgalla!” (Whisky Galore!, Alexander Mackendrick, 1949, Escocia, 82′)

("Non pode haber unha voda sen banquete, e non pode haber un banquete sen whisky".
Whisky a esgalla)

FESTA DO SÉTIMO ANIVERSARIO DO CINECLUBE DE COMPOSTELA
VENRES 4 DE ABRIL. A PARTIR DAS 20:00 HORAS:

  • Proxección:
    Whisky a esgalla!
    (Whisky Galore!, Alexander Mackendrick, 1949, Escocia, 82′)
  • E ademais:
    Libros de Estaleiro Editora, discos de Ataque Escampe, camisolas pola cultura libre...

(e podedes descargar o cartaz en pdf aquí)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (2)