O filme é terapia
"Teño esquizofrenia e opino que son coma unha planta. Teñen que fertilizarme, darme diplomacia, ética, e tratarme ben, iso o primeiro. O segundo é o tratamento de pílulas, mais falando tamén se pode curar, falando ben (...). Precisamos de alimento, de palabras, por iso o filme é terapia e o teatro é terapia". Ramsés razoa sobre si, no remate de Monos coma Becky. O desenlace do documentario cadra co acontecemento verbal de quen, no arrinque da fita, rexeitaba displicente o obxectivo de Carles Gusi. Que foi entrementres? A representación teatral sobre a vida de Egas Monitz -pai da lobotomía- daba acordado o manicomio de Malgrat da súa somnolencia crónica. Da des-aprehensión do dicir e dunha estranxeiría biopolítica. A "parte sen parte" era posta a producir. Proceso do filme e filme coma proceso, ambos, unlla e carne, conspiraron unha positividade que confirma tamén a súa propia e programada disolución. Diríase que o celuloide de Jordá encirra, en cada xeografía humana, unha nova "división do sensíbel": "A política sobrevén cando aqueles que non 'teñen tempo' collen ese tempo necesario para se erixiren en habitantes dun espazo común e para amosar que a súa boca emite perfectamente unha linguaxe común e non soamente un berro que denota sufrimento" (Jacques Rancière)."
(do noso compañeiro Aurelio Castro sobre Monos coma Becky. Podedes ler o artigo completo sobre Jordà aquí)
chúzame - 