Saír do cinema

O esp�rito da colmea (El esp�ritu de la colmena, V�ctor Erice, Estado Español, 1973)

"O que vos está a falar neste intre ha de recoñer unha cousa: que lle gusta saír dos cinemas. Ao se atopar coa rúa iluminada e un tanto baleira (sempre vai ao cinema pola noite, entre semana) e mentres se dirixe con preguiza cara a algunha cafetería, camiñando silandeiramente (non lle gusta falar, de seguido, do filme que vén de ver), un chisco aterecido, encollido, friento, en resumo, somnolento: só pensa que ten sono; o seu corpo converteuse nalgo relaxado, suave, apracíbel: brando coma un mico durmido, nótase como desartellado, ou mellor dito (pois non pode haber outro repouso para unha organización moral) irresponsábel. En fin, que é evidente que sae dun estado hipnótico. E o poder que está a percibir, de entre todos os da hipnose (vella lanterna psicanalítica que a psicanálise trata só con condescendencia), é o máis antigo: o poder da curación. Pensa daquela na música: non hai por caso músicas hipnóticas? O castrado Farinelli, cuxa messa di voce, “tanto pola duración como pola emisión”, foi cousa incríbel, adormeceu todas as noites durante quince anos a mórbida melancolía de Felipe V de España."

(Roland Barthes, "Saír do cinema", en Communications, 1975. Podedes descargar o resto do artigo, traducido ao galego por Aurelio Castro Varela, premendo aquí)

Chuzame! chúzame -

Leave a Comment