Arquivos de Febreiro, 2008

O presente

San Clemente (San Clemente, Raymond Depardon e Sophie Ristelhueber, Franza, 1982)

"Un presente, que é distinto do momento. Reivindico o presente. Iso é. Eis o que son."

(Raymond Depardon)

Mércores 27 de Febreiro ás 22:00:
San Clemente
(San Clemente, Raymond Depardon e Sophie Ristelhueber, Franza, 1982, 90', VOSG)

(Presentado por Margarita Ledo)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

O filme é terapia

Monos coma Becky (Mones com la Becky, Joaquim Jordà / Nuria Villazán, Catalunya, 1999, 97′)

"Teño esquizofrenia e opino que son coma unha planta. Teñen que fertilizarme, darme diplomacia, ética, e tratarme ben, iso o primeiro. O segundo é o tratamento de pílulas, mais falando tamén se pode curar, falando ben (...). Precisamos de alimento, de palabras, por iso o filme é terapia e o teatro é terapia". Ramsés razoa sobre si, no remate de Monos coma Becky. O desenlace do documentario cadra co acontecemento verbal de quen, no arrinque da fita, rexeitaba displicente o obxectivo de Carles Gusi. Que foi entrementres? A representación teatral sobre a vida de Egas Monitz -pai da lobotomía- daba acordado o manicomio de Malgrat da súa somnolencia crónica. Da des-aprehensión do dicir e dunha estranxeiría biopolítica. A "parte sen parte" era posta a producir. Proceso do filme e filme coma proceso, ambos, unlla e carne, conspiraron unha positividade que confirma tamén a súa propia e programada disolución. Diríase que o celuloide de Jordá encirra, en cada xeografía humana, unha nova "división do sensíbel": "A política sobrevén cando aqueles que non 'teñen tempo' collen ese tempo necesario para se erixiren en habitantes dun espazo común e para amosar que a súa boca emite perfectamente unha linguaxe común e non soamente un berro que denota sufrimento" (Jacques Rancière)."

(do noso compañeiro Aurelio Castro sobre Monos coma Becky. Podedes ler o artigo completo sobre Jordà aquí)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Saír do cinema

O esp�rito da colmea (El esp�ritu de la colmena, V�ctor Erice, Estado Español, 1973)

"O que vos está a falar neste intre ha de recoñer unha cousa: que lle gusta saír dos cinemas. Ao se atopar coa rúa iluminada e un tanto baleira (sempre vai ao cinema pola noite, entre semana) e mentres se dirixe con preguiza cara a algunha cafetería, camiñando silandeiramente (non lle gusta falar, de seguido, do filme que vén de ver), un chisco aterecido, encollido, friento, en resumo, somnolento: só pensa que ten sono; o seu corpo converteuse nalgo relaxado, suave, apracíbel: brando coma un mico durmido, nótase como desartellado, ou mellor dito (pois non pode haber outro repouso para unha organización moral) irresponsábel. En fin, que é evidente que sae dun estado hipnótico. E o poder que está a percibir, de entre todos os da hipnose (vella lanterna psicanalítica que a psicanálise trata só con condescendencia), é o máis antigo: o poder da curación. Pensa daquela na música: non hai por caso músicas hipnóticas? O castrado Farinelli, cuxa messa di voce, “tanto pola duración como pola emisión”, foi cousa incríbel, adormeceu todas as noites durante quince anos a mórbida melancolía de Felipe V de España."

(Roland Barthes, "Saír do cinema", en Communications, 1975. Podedes descargar o resto do artigo, traducido ao galego por Aurelio Castro Varela, premendo aquí)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Polémico Fuller

Corredor de choque (Shock Corridor, Samuel Fuller, EUA, 1963)

[Sobre a censura:] “Corredor de choque, salvo en dous ou tres lugares, foi botada abaixo no Sur [dos EUA] por mor da cuestión dos negros. Fixera un filme anos atrás que ao comezo tivera problemas no Sur. Chamábase O casco de aceiro. Foi porque puxen un soldado negro pegando a un oficial branco. No Sur, por unha razón ou por outra, atopábano completamente blasfemo, algo contra a civilización.”

[Sobre as acusacións de facer filmes xenófobos e anticomunistas:] “Iso é unha parvada. Asumen que simpatizo cunhas personaxes, pero a min tanto me ten se son estadounidenses, rusos ou nazis. Se fago un filme sobre Guillerme o Conquistador, agora non lle importaría un carallo a ninguén. Mais em 1068, a xente andaría a dicir ‘Por que axudas a ese dictador?’”.

(Samuel Fuller)

Mércores 13 de Febreiro ás 22:00:
Corredor de choque
(Shock Corridor, Samuel Fuller, EUA, 1963, 101')

Chuzame! chuzame -

Comentarios (2)

Deixar o espectador á vontade

Titicut Follies (Titicut Follies, Frederick Wiseman, EUA, 1967)

Dixeches que Titicut Follies é mais didáctico do que os teus filmes posteriores. Existen secuencias que desexarías ter feito dun xeito diferente?

Si. O mellor exemplo é a alimentação forzada. Tiven un papel editor demasiado pesado nesa secuencia. No canto de intercalar coa preparación do tío para o seu funeral, era mellor se tivese mostrado a alimentación forzada como unha secuencia separada e logo outras secuencias e, despois, mostralo preparándose para o seu enterro. Cortándoo de xeito que se vexa que é a mesma persoa.
Penso que tal como o fixen forza o feito de que o tío é tratado mellor morto do que o foi vivo. Se o fixera como veño de describir, o espectador chegaba a esa mesma conclusión sen o forzar.

Cando o xuíz decidiu censurar Titicut Follies, a súa abertura foi unha das cousas que utilizou contra ela. "Cada espectador", queixouse "é deixado para entender á vontade o que está sendo retratado e en que contexto".

Acho que é unha boa descrición da técnica que usei ao longo do filme. Cando a técnica funciona, non funciona porque o espectador sexa levado cara á situación. Séntese presente, dalgún xeito, e terá que crear a sua propria opinión sobre o significado daquilo que está a ver. Iso é o que procurei facer en Follies, e é o que tentei refinar á medida que pasou o tempo.
Odio as novelas que son tan didácticas que sabes o motivo polo cal todos están a facer o que fan. E acho que non hai razón pola que un filme non poida ser tan complexo como unha novela.

(Anaco da entrevista de Jesse Walker a Frederick Wiseman para o Reason Magazine Online en Decembro do 2007. Podedes ler a entrevista completa en inglés aquí)

Chuzame! chuzame -

Comentarios