‘Os amores dunha loira’

Os amores dunha loira (Lásky jedné plavovlásky, Milos Forman, 1965, Checoslovaquia, 90′)

"Característica da maneira de filmar da Nova Vaga checa, Os amores dunha loira é un filme non que non se trata de contar unha historia da maneira mais claramente construída posíbel. O filme dá un sentido de perda como oposición á rixidez da filmación convencional co seu propósito narrativo e o interese de construír unha trama coidadosamente construída, redonda e controlada. En Os amores dunha loira hai escenas enteiras que semellan máis as "actualidades" dos Lumière que as mentiras do cinema. Estas secuencias nin fan avanzar a narrativa nin o pretenden. Pola contra, axudan a proporcionar o xeito do filme e a facer que as escenas sexan máis semellantes á vida real, ao tempo que chaman a atención sobre o estilo e o proceso do filme como tal. As escenas semellan extenderse dando un sentido de indefinición, de xeito que a discusión entre Milda e os seus padres pode durar para sempre ou que os tres reservistas nunca se van dar aproximado ás tres rapazas. Son escenas que nos filmes convencionais son reducidas a mínimos para facer avanzar a narración. Porén, un ten ganas de preguntar: avanzar cara a onde? O sentimento da indefinición desas escenas de Os amores dunha loira é un sentimento de vida, e a vida non está só feita de narracións simples e lineais."

(Podedes ler o resto desta crítica en inglés no blog Eastern European Films)

Mércores 9 de Xaneiro ás 22:00
Os amores dunha loira
(Lásky jedné plavovlásky, Milos Forman, 1965, Checoslovaquia, 90', VOSG)

Chuzame! chúzame -

1 Comentario »

  1. arnulfus Said,

    xaneiro 7, 2008 @ 10:43 pm

    Se che gusta o bon cinema visita o blog
     bandaparte-autofocus.blogspot.com, mantido polo equipo do programa de cinema Banda Aparte, que se emite en Radio Allariz todos os venres de seis a sete da tarde e pode escoitarse a través da web http://www.allariz.com

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment