Arquivos de Xaneiro, 2008

O filme despois de acendidas as luces

Salvatore Giuliano (Salvatore Giuliano, Francesco Rosi, Italia, 1962)

“Para ser efectivas, as preguntas dun filme deben continuar no espectador após o remate. Despois dos meus primeiros filmes deixei de pór a palabra ‘Fin’ ao remate, porque penso que os filmes non deben acabar, senón continuar a crecer dentro de nós”.

"Creo que a través do cinema militante (unha etiqueta da que, por outra banda, non gusto moito), a través dun cinema que tenta, na medida do posíbel, achegarse á verdade e aos valores reais da vida, un pode convencer da urxencia de respectar a dignidade humana. Moitas veces, o respecto pola dignidade humana é aínda máis importante que o mesmo respecto pola vida"

(Francesco Rosi)

30 de xaneiro ás 22:00:
Salvatore Giuliano (Salvatore Giuliano, Francesco Rosi, Italia, 1962, 120')

Chuzame! chuzame -

Comentarios

A épica de ‘Cero en conduta’

Se… (If…., Lindsay Anderson, 1968, Reino Unido)

"Cando comecei a traballar con David Sherwin, era ben consciente de que tiñamos que tentar construir o guión en termos de "épica" mais que no estilo narrativo convencional,, que estaba máis coa tradición inglesa. Era deste xeito no que pensaba en Cero en conduta, coa súa sucesión de escenas poéticas, a miúdo sen ningunha conexión narrativa en particular. E foi con isto en mente co que fun a un pase especial de Cero en conduta, con David e John. Penso que como Se... saiu bastante ben, a xente tende a esquecer non só o pouco convencional que é no contido, senón tamén en como está estruturado o filme. De certo ver o filme de Vigo deunos a idea e tamén a confianza para proceder á estrutura de escenas que concebiramos para a primeira parte do filme en particular (na segunda, por suposto, a narrativa vólvese máis forte)."

(Lindsay Anderson, sobre as conexións entre Se... e Cero en conduta. Podedes ler o orixinal en inglés aquí)

16 de xaneiro ás 22:00:
Se... (If...., Lindsay Anderson, Reino Unido, 1968, VOSG, 111')

Chuzame! chuzame -

Comentarios

‘Os amores dunha loira’

Os amores dunha loira (Lásky jedné plavovlásky, Milos Forman, 1965, Checoslovaquia, 90′)

"Característica da maneira de filmar da Nova Vaga checa, Os amores dunha loira é un filme non que non se trata de contar unha historia da maneira mais claramente construída posíbel. O filme dá un sentido de perda como oposición á rixidez da filmación convencional co seu propósito narrativo e o interese de construír unha trama coidadosamente construída, redonda e controlada. En Os amores dunha loira hai escenas enteiras que semellan máis as "actualidades" dos Lumière que as mentiras do cinema. Estas secuencias nin fan avanzar a narrativa nin o pretenden. Pola contra, axudan a proporcionar o xeito do filme e a facer que as escenas sexan máis semellantes á vida real, ao tempo que chaman a atención sobre o estilo e o proceso do filme como tal. As escenas semellan extenderse dando un sentido de indefinición, de xeito que a discusión entre Milda e os seus padres pode durar para sempre ou que os tres reservistas nunca se van dar aproximado ás tres rapazas. Son escenas que nos filmes convencionais son reducidas a mínimos para facer avanzar a narración. Porén, un ten ganas de preguntar: avanzar cara a onde? O sentimento da indefinición desas escenas de Os amores dunha loira é un sentimento de vida, e a vida non está só feita de narracións simples e lineais."

(Podedes ler o resto desta crítica en inglés no blog Eastern European Films)

Mércores 9 de Xaneiro ás 22:00
Os amores dunha loira
(Lásky jedné plavovlásky, Milos Forman, 1965, Checoslovaquia, 90', VOSG)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)