A orixe, a infancia

La morte rouge (V�ctor Erice, Estado Español, 2006)

A ORIXE

“O meu filme transcorre durante a posguerra por unha razón moi simple: porque eu descubrín o cinema nos anos corenta. E a miña película trata do que significou este descubrimento para toda a xente da miña xeración” Estas palabras delatan o contido autobiográfico destas escenas filmadas con clara vontade documental. A proxección non esconde ningún artificio senón que foi rodada como se puidera ter sucedido trinta anos atrás e ese rostro de Ana Torrent rememorase o dun Víctor Erice neno descubrindo o cine con A gadoupa escarlata (The Escarlet Claw, Roy William Neill, 1944), a primeira película que o director recorda ver (...).Erice non filma aquí o descubrimento cinéfilo do clásico de James Whale. Senon só o descubrimento do cine por parte dunha nena de seis anos. Ou como recordaba Serge Daney falando da súa propia experiencia como espectador, esa época, ubicada sen dúbida na infancia, na que non se vai “ver un filme”, o que importa é “ir ao cine” simplemente.

(Pena, Jaime: Víctor Erice. El espíritu de la colmena, Paidós, Barcelona, 2004)

A INFANCIA

"Eles viven aínda nese instante privilexiado onde as cousas suceden por vez primeira, turbación orixinal dos sentidos a través da cal certa beleza do mundo se lles revela. Saen do cine distintos de como entraron, (...)."
"Cinéphile, cinéfils, é dicir, cinéfilo, fillo do cine son termos que Daney usaba para explicar esa experiencia primordial que ten a súa orixe nun momento da infancia. (...) Igual que Serge Daney eu vivín o cine , por primeira vez, nos inicios dunha posguerra que o tempo convertiría nunha das máis longas da historia deste país. O teatro da miseria do que Daney falaba eu o percibín un pouco por todas partes, pero, especialmente, no escenario onde os nenos e os adolescentes pasabamos a maior parte das nosas horas de ocio: a rúa. Tamén en certo modo, nas salas de cine. Só que naquel tempo, no medio dunha realidade bombardeada , non tódalas salas eran iguais."

(Erice, Víctor: “Al cine, in memoriam”, “Serge Daney” ambos en Archipielago nº2, Madrid, 1995)

(escolma e tradución de Cristina García Parga)

Mércores 12 de Decembro ás 22:00
La morte rouge
(La morte rouge, Víctor Erice, Estado Español, 2006, 32′, VO)
Tempo de viaxe
(Tempo di viaggio, Tonino Guerra e Andrei Tarkovski, Italia, 1983, 62′, VOSG)

Chuzame! chúzame -

Leave a Comment