10 Maio, Luns
Falei con Tonino.
Filme:
O diálogo. El: sobre todo o que importa: o que ama, o que odia.
Eu: o mesmo.
1. Filmar a miña terra natal
2. A súa terra natal
Montar ao por en escena os pensamentos.
Introdución ao libro de guións (os dous mellores: Rublov e O espello)
1. Filmar o campo
2. A historia de Tyapa indo ao forestal
3. Tyapa conta o seu soño
4. Sobre Roma e París
5. Sobre a cidade.
6. Como Larissa construiu a casa
7. Sobre o cinema. “Cinema” e “filosofía”
8. A historia da anduriña que constrúe o niño
9. A historia de Gray e o michiño.
10. Que é o diálogo. Para o que é bó.
11. Soidade
(Darlle a Tonino o relicario –sobre Lora– como un regalo e pedirlle que non o abra. Cando o lea entenderá que non é a opción axeitada para el)
12. Sobre un estranxeiro nunha ciudade extraña: o comezo de Viaxes por Italia [título previo a Tempo de viaxe].
Diálogo.
Conflito.
Amor — perdoar alguén en consideración co outro ou cun propio. Isto sempre implica conflito.
E o diálogo.
Sacrificio — a única forma de existencia individual.
Se non houber fronteiras a nosa vitoria (de Rusia) tería sido completa. Non polo sistema. Polos ideais. Porque respectamos os ideais. Vivimos polos ideais.
Os alemáns só crean ideais. Cando eu "vivo" polos meus ideais obviamente tamén os creo. Os alemáns non viven polos ideais. Chégalles con crealos. Eis a diferencia.
Deixar o cinema polos 8mm (gañar a vida cos guións). Se teño o "permiso".
Sería aburrido dirixir Stalker a menos que saiba como facelo.
Sería aburrido dirixir O idiota.
Quero a miña propia verdade.
Sería aburrido dirixir Hoffmann a menos que a escriba — porque quero a verdade.
Un obxecto mostrado nunha obra non pode ser un símbolo de verdade. O que pode ser “verdade” é só un método, un achegamento, o “como”.
Tempo para deixar o cinema. Xa vou grande.
Comezar un libro sobre a infancia (incluir o guión de Día branco).
Como queimaron o cerdo — o episodio que comezou co pan de xenxibre, como levaron os meus patíns, como me deu na cabeza un carneiro. [...]
(do diario de Andrei Tarkovski, que podedes consultar en inglés aquí)
Mércores 12 de Decembro ás 22:00
La morte rouge
(La morte rouge, Víctor Erice, Estado Español, 2006, 32′, VO)
Tempo de viaxe
(Tempo di viaggio, Tonino Guerra e Andrei Tarkovski, Italia, 1983, 62′, VOSG)
chuzame - 