Un filme maldito
"Un filme que foi parte da vida española da transición, en apenas tres anos converteuse en parte descoñecida da historia desa transición, vítima da censura encuberta e do sistema de estreas simbólicas.
A aventura da rodaxe, a acumulación de dificuldades burocráticas que seguiu a esta e a súa exhibición semiclandestina nalgunhas cidades españolas converteron a Despois de.... filme dos irmaos Cecilia e José Juan Bartolomé, con fotografía de José Luis Alcaine, nun dos filmes malditos, pola censura encuberta, do cinema español da transición."
(Ángel Fernández Santos no El País, 03-11-1983. Podedes ler a crónica completa en español aquí)
Mércores 21 de Novembro ás 22:00
Despois de… Primeira parte: Non se vos pode deixar sós
(Después de… primera parte: No se os puede dejar solos, Cecilia Bartolomé e Juan José Bartolomé, Estado Español, 1983, 90′, VO)
Mércores 28 de Novembro ás 22:00
Despois de… Segunda parte: Atado e ben atado
(Después de… segunda parte: Atado y bien atado, Cecilia Bartolomé e Juan José Bartolomé, Estado Español, 1983, 90′, VO)
chúzame - 
militante da ORT Said,
novembro 29, 2007 @ 3:25 pm
non máis filmes pro sociatas no cineclú!
o poder está na punta do fusil!
bombardeade o cuartel xeral!
Susiño Incómodo para o Poder Said,
novembro 29, 2007 @ 9:55 pm
Non faledes moito os da ORT, que menuda traxectoria que levades, con Paca Sauquillo á cabeza.
Eu pola miña banda acabo de deixar á UPG porque son totalitarios e voume con Camilín e o revolucionario Vilas Nogueira a fundar o Partido Obrerio Galego, que vai facer grandes cousas por esta terriña teles como reumírmonos con Fraga e darlle os parabéns ao pouco da súa victoria amañada no 89 porque o PSOE non quixo recurrir un escano do Bloque no Ourense caciquil.
Putas la payasa, que dicía Nicanor Parra.
militante da ORT Said,
novembro 30, 2007 @ 1:04 pm
pero susiño se ti eras moco, que upegallo nin que carallo, eses son os que dirixen agora a reconversión naval do bng en coalición canaria: ahora-influyen-en-madrid-que-te-cagas
pero os bartolomé só sacan psoe e pc e extrema dereita -que no intre do filme non eran máis representativos ca o meu partido-
la payasa, la payasa
Geluco Guerreiro Said,
decembro 1, 2007 @ 12:22 pm
Ti moito falas, pero se te chaman do PSOE para dirixir a Garda Civil en agradecemento aos servizos prestados pola Paca Sauquillo estou certo de que se che ían dilatar os esfínteres.
militante da ORT Said,
decembro 3, 2007 @ 12:43 pm
niquedecirtiene