Cada filme, unha batalla
"O noso cinema incríbese na corrente de todos aqueles que loitan pola liberación de todos os oprimidos, pola abolición da explotación do home polo home. As súas obras recollen e proxectan aquelas formulacións teóricas e aquelas formas de loita que se enraízan nas máis amplas masas de traballadores e que as mobilizan. Este cinema nútrese das experiencias vividas pola clase obreira, da que é expresión."
"Cada filme do Colectivo de Cinema de Clase significa unha batalla e cada batalla planifícase con maior amplitude coa finalidade de acadar a vitoria final. O Colectivo de Cinema de Clase non pretende facer historia do cinema, senón que fai a historia co cinema."
"O Colectivo esfórzase por estabelecer unha relación dialéctica coa realidade da que nace; procura reflectila, pero, ademais e dobre todo, transformala... A súa alternativa radica en postular e practicar un cinema funcional, non formal, un cinema que é instrumento para a liberación das masas traballadoras. Realiza un cinema colectivo, pois nega a división social do traballo, considerando igualitariamente a todos os que interveñen en cada un dos seus produtos. Esta acción cinematográfica implica que as obras non se parcialicen, nin tecnica nin intelectualmente."
(Helena Lumbreras, sobre o Colectivo Cinema de Clase)
Mércores 7 de Novembro ás 22:00
Non se admite persoal
(No se admite personal, Antoni Lucchetti, Catalunya, 1968, 15′, VO)
O cuarto poder
(El cuarto poder , Helena Lumbreras, Catalunya, 1970, 37′, VO)
Cantata de Santa María de Iquique
(Cantata de Santa María de Iquique, Llorenç Soler e Jaime Rodri, Catalunya, 1975, 20′, VO)
chúzame - 
