Un filme maldito
"Un filme que foi parte da vida española da transición, en apenas tres anos converteuse en parte descoñecida da historia desa transición, vítima da censura encuberta e do sistema de estreas simbólicas.
A aventura da rodaxe, a acumulación de dificuldades burocráticas que seguiu a esta e a súa exhibición semiclandestina nalgunhas cidades españolas converteron a Despois de.... filme dos irmaos Cecilia e José Juan Bartolomé, con fotografía de José Luis Alcaine, nun dos filmes malditos, pola censura encuberta, do cinema español da transición."
(Ángel Fernández Santos no El País, 03-11-1983. Podedes ler a crónica completa en español aquí)
Mércores 21 de Novembro ás 22:00
Despois de… Primeira parte: Non se vos pode deixar sós
(Después de… primera parte: No se os puede dejar solos, Cecilia Bartolomé e Juan José Bartolomé, Estado Español, 1983, 90′, VO)
Mércores 28 de Novembro ás 22:00
Despois de… Segunda parte: Atado e ben atado
(Después de… segunda parte: Atado y bien atado, Cecilia Bartolomé e Juan José Bartolomé, Estado Español, 1983, 90′, VO)
chuzame - 


