Un filme soñado
[...] “Acontece que Aleksandr Ivanovich [Medvedkin] foi o meu amigo, e que eu propio tiven a sorte de ter un papel no seu redescubrimento. Este home exemplar era pouco menos que descoñecido nos anos 60. O seu nome nin figura no dicionario de Sadoul. Foi o acaso dunha proxección de A Felicidade na Cinemateca de Bruxelas (unha man anónima metera a copia nun lote de filmes mais clásicos, como quen tira unha botella ao mar) o que me puxo sobre a súa pista. Foi o acaso dun encontro no Festival de Leipzig en 1968 o que me puxo fronte a fronte cun home que eu pensaba morto e enterrado. E foi o paso do tempo o que permitiu a este encontro concretizarse nun pequeno filme, O tren en marcha, onde por vez primeira contaba unha experiencia única, e completamente esquecida, de 1932: O Kinopoezd, o cinema-tren.
[...] Foi daquela que eu artellei o pequeno filme sobre o tren que, na miña mente, non era mais que o anuncio do que faría un día, un día que se me antollaba ben afastado. Tantas cousas debían acontecer na Unión Soviética para que fose posíbel.
E ben de cousas aconteceron, e máis mesmo das que imaxinabamos. E aquel filme soñado virou posible.”
(Extraído da presentación de Chris Marker para a proxección de A tumba de Alexandre no Festival de Locarno, que podedes consultar completa en francés aquí.)
Mércores 24 de Outubro ás 22:00
A tumba de Alexandre
(Le tombeau d’Alexandre, Chris Marker, Franza, 1992, 120′, VOSG)
chúzame -
d. Said,
outubro 25, 2007 @ 12:10 pm
un dos riscos máis abriantes do cinema de Chris Marker é a profundidade da súa reflexión política.
neste filme en concreto, a súa óptica sobre o significado da queda soviética e a fin da utopía, nomeadamente.
marker ou barbarie