A montaxe segundo Eisenstein en ‘O vello e o novo’

“Na montaxe rítmica é o movemento dentro do cadro o que leva o movemento da montaxe de cadro en cadro. Tales movementos no cadro poden ser os dos obxectos en acción ou os do ollo do espectador dirixidos ao longo das liñas dalgún obxecto inmóbil.
Na montaxe tonal, o movemento é percebido nun sentido máis amplo. O concepto de movemento abrangue todas as influencias afectivas do fragmento de montaxe. A montaxe está baseada aquí no son emocional característico do fragmento, da súa dominante. O ton xeral do fragmento [...].
Neste nivel da montaxe o incremento da tensión prodúcese tamén por medio dunha intensificación da mesma dominante “musical”. Un exemplo especialmente claro de tal intensificación énos suministrado pola secuencia da colleita adiada en O vello e o novo. A construción deste filme, tanto na súa tonalidade como nesta secuencia particular, adire un proceso construtivo básico. Eis: o conflito entre o argumento e a forma tradicional.
As estruturas emotivas aplicadas a un material non emocional. O estímulo é transferido do seu uso habitual como situación (por exemplo, como adoita ser usado o erotismo nos filmes) a estruturas paradoxais no ton. Cando finalmente é descuberto, o “piar da industria” é un mecanógrafo. O heroe boi e a heroína vaca casan por fortuna. Non é o Santo Graal a inspirarlles a ambos os dous a dúbida e a éxtase, senón unha desnatadora.
Polo tanto, o temático menor da colleita está resolto polo temático maior da treboada, da choiva, e mesmo as searas acumuladas (tema maior tradicional da fecundidade so a calor do sol) son por si propias unha resolución do tema menor ao apareceren molladas pola choiva.
Aquí o incremento da tensión provén, por un esforzo interno dun inexorábel coro dominante, por medio da crecente sensación dentro do fragmento, da “opresión antes da treboada” [...].
A montaxe tonal provén do conflito entre os principios rítmicos e os tonais do fragmento.
E, finalmente, a montaxe armónica [...] resulta do conflito entre o ton principal do fragmento (a súa dominante) e la armonía [...].
Debemos definir tamén o que é que caracteriza a influencia das diferentes formas de montaxe sobre o complexo sicofisiológico da persoa na fin percibida.
Ao primeiro, a categoría métrica caracterízase por un brutal MOTIVO-FORZA, capaz de obrigar o espectador a reproducir exteriormente a acción percibida. Por exemplo, a contenda da sega en O vello e o novo está compaxinada deste xeito. Os diferentes fragmentos son “sinónimos”, contendo un sinxelo movemento de sega, dun lado ao outro do cadro, e non puiden senón rir ao ver os membros máis impresionábeis do auditorio abalando dun lado para o outro, e a unha crecente proporción de velocidade a medida que os fragmentos eran acelerados por medio do acortamento das súas lonxitudes. O efecto era o mesmo que consegue unha banda de percusión ao executaren un aire de marcha sinxelo.
Señalei a segunda categoría como rítmica, tamén podería denominala PRIMITIVO-EMOTIVA. Aquí o movemento é calculado máis sutilmente, pois ainda que a emoción é tamén un resultado do movemento, este non é unha mudanza externa meramente primitiva.
A terceira categoría —a tonal— podería tamén ser chamada MELÓDICO-EMOTIVA. Nela, o movemento, que xa cesou de ser unha simple mudanza no segundo caso, cruza claramente cara o interior dunha vibración emotiva de orde aínda superior.
A cuarta categoría —un chorro fresco de puro fisioloxismo, así era— reverbera a primera categoría no grao máis alto de intensidade, adquirindo ao tempo un grao de intensificación pola súa directa forza motriz [...]
Nalgunhas secuencias, O vello e o novo logra efectuar unións das liñas tonais e armónicas. Algunhas veces mesmo chegan estar en conflicto coas liñas métricas e rítmicas. Como nas distintas “leas” da procesión relixiosa: aqueles que caen de xeonllos perante as iconas, os cirios que se derreten, os balbuceos de éxtase, etc.
É interesante apuntar que, ao seleccionarmos os fragmentos para a montaxe desta secuencia, proporcionámonos inconscientemente a nós propios as probas da esencial igualdade existente entre o ritmo e o ton, logrando estabelecer esta unidade gradacional dunha maneira moito mellor que a que eu estabelecera previamente entre os conceptos de toma e montaxe.”

(fragmentos do texto de S. M. Eisenstein “Métodos de montaxe”, que podedes consultar completo en castelán aquí)

Mércores 17 de Outubro ás 22:00
Xoguetes soviéticos
(Советские игрушки [Sovetskie igruxki], Dziga Vertov, Unión Soviética, 1924, 10′, VO)
O vello e o novo
(Старое и новое [Staroie i novoie], Serguei Mikháilovich Eisenstein, Unión Soviética, 1929, 121′, VOSP)

Chuzame! chúzame -

1 Comentario »

  1. condoleeza Said,

    outubro 16, 2007 @ 5:32 pm

    así que tedes a soldo a Colin Powell -vid. subtítulo de Ao garete-

    por iso deixou a casa branca

    quen estea libre de pecado que guinde a primeira pedra

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment