Arquivos de Setembro, 2007

Volvemos o 17 de Outubro

O vello e o novo (Старое и новое, Sergei Mikháilovich Eisenstein, Unión Soviética, 1929)

PROGRAMACIÓN PARA O OUTONO DE 2007:

Mércores 17 de Outubro ás 22:00
Xoguetes soviéticos
(Советские игрушки [Sovetskie igruxki], Dziga Vertov, Unión Soviética, 1924, 10', VO)
O vello e o novo
(Старое и новое [Staroie i novoie], Serguei Mikháilovich Eisenstein, Unión Soviética, 1929, 121', VOSP)

Mércores 24 de Outubro ás 22:00
A tumba de Alexandre
(Le tombeau d'Alexandre, Chris Marker, Franza, 1992, 120', VOSG)

Mércores 31 de Outubro ás 22:00
A felicidade
(Счастье [Schastie], Aleksandr Medvedkin, Unión Soviética, 1932, 63', VOSG)

Mércores 7 de Novembro ás 22:00
Non se admite persoal
(No se admite personal, Antoni Lucchetti, Catalunya, 1968, 15', VO)
O cuarto poder
(El cuarto poder , Helena Lumbreras, Catalunya, 1970, 37', VO)
Cantata de Santa María de Iquique
(Cantata de Santa María de Iquique, Llorenç Soler e Jaime Rodri, Catalunya, 1975, 20', VO)

Mércores 14 de Novembro ás 22:00
París, 20 de xuño de 1971 (Mitin en Montreuil)
(París, 20 de juny de 1971 (Míting a Montreuil), Pere Portabella, Carles Durán, Manuel Esteban, Brigitte Dornés e o colectivo Dynadia de Paris, Catalunya, 1971, 105', VO)

Mércores 21 de Novembro ás 22:00
Despois de... Primeira parte: Non se vos pode deixar sós
(Después de... primera parte: No se os puede dejar solos, Cecilia Bartolomé e Juan José Bartolomé, Estado Español, 1983, 90', VO)

Mércores 28 de Novembro ás 22:00
Despois de... Segunda parte: Atado e ben atado
(Después de... segunda parte: Atado y bien atado, Cecilia Bartolomé e Juan José Bartolomé, Estado Español, 1983, 90', VO)

Mércores 5 de Decembro ás 22:00
O peirao
(La jetée, Chris Marker, Franza, 1962, 28', VOSG)
A rabia
(La rabbia, Pier Paolo Pasolini, Italia, 1963, 50', VOSG)

Mércores 12 de Decembro ás 22:00
La morte rouge
(La morte rouge, Víctor Erice, Estado Español, 2006, 32', VO)
Tempo de viaxe
(Tempo di viaggio, Tonino Guerra e Andrei Tarkovski, Italia, 1983, 62', VOSG)

Mércores 19 de Decembro ás 22:00
Plataforma
(站台 [Zhàntái], Jia Zhang-Ke, China, 2000, 154', VOSG)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (4)

O travelling de ‘Kapo’


"Ao optar tan logo pola panorámica de Contos da lúa vaga contra o travelling de Kapo, escollín algo cuxa gravidade non comprendín até dez anos despois, ao abeiro, tan radical como tardío, da politización post 68 dos Cahiers. Agora, se Pontecorvo, futuro director de A batalla de Arxel, é un cineasta valiente do que comparto en xeral as opinións políticas, Mizoguchi viviu apenas para a súa arte e semella que foi, politicamente falando, un oportunista. ¿U-la diferencia? Xustamente no "medo e o tremor". Mizoguchi tenlle medo á guerra porque, a diferencia do seu irmán máis novo Kurosawa, espántano os homes cortándose mutuamente as carótidas contra un fondo de virilidade feudal. Dese medo, desas ganas de vomitar e fuxir ven aquela panorámica sorprendente. É ese medo o que fai dese un momento xusto, quer dicir, un momento que se pode compartir. En canto a Pontecorvo, nin trema nin ten medo; os campos de concentración apenas o indignan ideoloxicamente. Por iso se inscribe "á marxe" da escena, so os auspicios proxenetas dun bonito travelling".

Por Serge Daney. Podedes ler o texto completo en castelán aquí.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Parabéns

Aurelio Castro xunta unha imaxe de Joaqu�n Jordá

Hai uns meses, o noso compañeiro Aurelio Castro Varela gañaba o premio de ensaio breve cinematográfico Mari Luz Morales, concedido pola Axencia Audiovisual Galega, co traballo Joaquín Jordá: situacións no dominio da arte. Agora, finalizado o verán, por fin podedes consultar este ensaio aquí. Parabéns, pois.

Chuzame! chuzame -

Comentarios