A dirección de actores por Jean Renoir
Como se decidiu o dispositivo do filme, o escenario, o texto de A dirección de actores?
Foi Renoir quen escolleu o texto de Rumer Godden, co que fixera O río. Buscáramos un monólogo porque era máis sinxelo. O feito de sermos só dous permitía ademais ao operador seguir máis facilmente o que acontecía coas dúas personaxes. O escenario era o centro de investigación da ORTF, dirixido por Pierre Schaeffer. Este deixáranos, xentilmente, o plató á nosa disposición toda unha tarde. Renoir chegou á unha da tarde e marchaba ás catro. Tiñamos que facelos todo ou quedaría sen rematar.
Coñecías xa o texto ou déroncho na rodaxe?
Tiña que coñecelo por forza. Rodamos en tres horas. Vinte e seis minutos en tres horas. O texto sabíao de cor, non era imaxinábel facelo doutro xeito.
Fixeches entón unha lectura laboriosa?
Fixena sen a facer. Tentei esquecer, por así dicir, porque había que esquecer un pouco. Con esta economía de medios, non podiamos rodar doutro xeito. E non estou certa de que doutro xeito tivese estado mellor... A xente pensa que é verdadeiramente unha continuidade. Iso é a interpretación.
E ao tempo Renoir está a te dirixir de verdade?
Está, exactamente. A honestidade está en que me facía traballar de verdade.
Esas tres horas con Renoir cambiaron a túa experiencia como intérprete?
Despois nunca me volveron contratar. Algo debeu mudar. A xente diría: "coitada, se a fan traballar tanto para unha escena..." [risas]
(Anaco dunha entrevista con Gisèle Braunberger sobre A dirección de actores por Jean Renoir. Podedes ler o resto da entrevista en francés aquí)
Mércores 20 de xuño ás 22:00
Louis Lumière (Louis Lumière, Eric Rohmer, Francia, 1968, VOSE, 66 min)
A dirección de actores por Jean Renoir (La direction d'acteur par Jean Renoir, Gisèle Braunberger, Francia, 1968, VOSE, 26 min)
chúzame - 
d. Said,
xuño 21, 2007 @ 12:22 pm
Langlois pensaba sobre cinema e histoira;
Ken Loach traballa para a dereita;
we are all prostitutes
Castrov Said,
xuño 22, 2007 @ 12:38 pm
Langlois: o que fica desfasado das fitas dos Lumière é a burguesía. Porque pasaron cousas, dende 1900.