Condena polo acceso libre e gratuíto

Un condenado a morte escapou

O pasado 30 de Maio, o xuíz Pablo González Carreró Fojón estimaba a denuncia presentada pola produtora Cámara Oscura Películas SL contra o Cineclube de Compostela pola proxección de Terra negra. Coa súa sentencia, condénase ao Cineclube ao pago de 250 euros, máis intereses e custos, en concepto duns alegados dereitos de exhibición, ignorando por completo toda a nosa defensa. De nada serviu apelar a feitos como o dereito elemental de acceso á cultura, o permiso expreso do director para proxectar a fita, o boicote continuo da produtora ao filme ou o caracter sen ánimo de lucro do Cineclube.

Cunha redacción que mostra ás claras que intereses defende a lexislación actual de dereitos de autor no Reino de España, a sentencia culpa ao Cineclube de que o acceso público á proxección “foi libre –quer dicir, non restrinxido a investigadores ou estudosos, e nin sequera a socios da asociación– e gratuíto”. Asemade, no que semella unha brincadeira de mal gusto, a sentencia xustifica a aceptación íntegra do importe requirido por Cámara Oscura no feito de que “o filme non fora estreado comercialmente” en Compostela, aínda que no xuízo quedara ben probado, como o propio director manifestaba, que o produtor Pablo Llorca non ten pensado proxectalo, nin en Compostela, nin en ningún outro lugar.

Se estes son os delitos dos que se nos acusa, non podemos senón declararnos culpábeis. Levamos tempo tentando traballar por achegar á nosa cidade os títulos roubados á cidadanía polos circuítos comerciais, por abrir a nosa programación ao público máis amplo posíbel e por facer todo isto de balde. Por máis que este xeito de comprendermos a cultura como algo aberto e libre sexa considerado ilegal, nós non pensamos renunciar ao noso traballo. Por iso, acatamos esta sentencia xudicial, mais só pode provocarnos rexeitamento. Se non contamos coa legalidade, non nos queda outra que sabérmonos coa razón.

No Cineclube queremos agradecer, máis unha vez, as mostras de solidariedade que recibimos estes días de diversas persoas e colectivos. Por respecto a vós, e ás nosas propias conciencias, só podemos continuar cara adiante co noso traballo. E ímolo facer. Para alén da nosa programación, o vindeiro 6 de xullo contamos celebrar unha xornada en defensa da cultura libre, coa que financiarmos tanto o pago da soma imposta como a busca de novas estratexias para continuar proxectando filmes libremente. Mentres contemos co voso apoio, ningunha denuncia poderá pararnos.

Chuzame! chuzame -

12 Comentarios »

  1. zerovacas dixo,

    Xuño 9, 2007 @ 8:03 pm

    A sentencia é inconcibible e descorazonadora. Son terribles os intentos de reducir a cultura a un negocio, co beneplácito da administración e da xustiza. Por suposto, o 6 estarei por aí

  2. Brigadas de Intervención Rápida George Grosz dixo,

    Xuño 11, 2007 @ 2:22 pm

    Llorca, imos por ti.

  3. chuza.org dixo,

    Xuño 11, 2007 @ 8:40 pm

    Venres 6 de Xulho: solidariedade co cineclube Compostela…

    Logo da sentencia contra o Cineclube que o condena a pagar 250€ están a preparar unha xornada en defensa da cultura libre. Para financiar o pago da multa e buscar estratexias para proxectar filmes libremente…

  4. Andrés dixo,

    Xuño 11, 2007 @ 8:40 pm

    mantémonos á espera… espero poder acudir á cita.

  5. o mundo de birnarem » Blog Archive » Condena ao Cineclube de Compostela polo acceso libre e gratuíto dixo,

    Xuño 12, 2007 @ 12:05 pm

    […] Fonte: Condena polo acceso libre e gratuíto […]

  6. Antonhita la fantástica dixo,

    Xuño 12, 2007 @ 12:28 pm

    Llorca… muerte i destrusión!!!

    ou monte dóxtias sise prefire…

  7. cagondiós dixo,

    Xuño 12, 2007 @ 2:01 pm

    Llorca, chupa aquí, mama na casa.

  8. atom egoyan dixo,

    Xuño 12, 2007 @ 10:38 pm

    ….. os q manhexan os cartos sonche malos bechos…. ja o dicía minha avoa…

  9. Miguel dixo,

    Xuño 13, 2007 @ 11:10 am

    Vergonzoso comportamento de Llorca. Considerábao un director interesante. Pero para ser un bo cineasta antes hay que ser unha persoa con principios. E Llorca parece ser que só coñece o do diñeiro.

    Solidarízome co Cineclube, o único espacio para a cultura cinematográfica en toda Compostela e censurar as institucións, tanto compostelás como galegas por non defender este patrimonio. Supoño que é mellor destinar diñeiro e esforzos no acartonado e aburguesado Loach. Pois nada, que lle den ao cineasta “comprometido” para nenos de papá. Espero que esta inxusta sentencia non sexa un obstáculo para que o Cineclube siga adiante, pois foi unha peza básica na miña educación cinematográfica, con un programa de proxeccións amplísimo, que vai desde o mediático John Ford hasta o “autista” Pialat. Non hay espacio para describir todo o ben que facedes pola cultura, como tampouco o hai para poñer toda a inxustiza e incomprensión que vos persigue.

    Ánimo e a seguir adiante.

  10. Anxélica dixo,

    Xuño 13, 2007 @ 11:24 am

    Ánimo rapaces! Xa sabedes que todos estamos con vos! Unha aperta moi forte.

  11. isaac dixo,

    Xuño 13, 2007 @ 12:49 pm

    o que eu penso sobre este asunto é ilegal

  12. eu dixo,

    Xuño 19, 2007 @ 3:29 am

    eu flipo

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Deixanos o teu comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image