Xa chega de dereita, aquí e en Valencia

Xa chega (Ja en tenim prou)

O Cineclube de Compostela e l'Ambaixada de Països Catalans na Galiza realizamos este martes 15 ás 22:00 un pase especial de Xa chega (Ja en tenim prou, Países Cataláns, 2007). Este filme colectivo pretende funcionar como unha alternativa á propaganda realizada polo PP desde as institucións e medios públicos no País Valenciano, inspirado en antecedentes como Hai que botalos. Deste xeito, os obxectivos son promover a opinión crítica e o voto que expulse á dereita do goberno dese país.

O filme está formado por 87 traballos nos que se fai denuncia do despotismo, a corrupción, o amiguismo e a impunidade da xestión do PP, así como das diversas desfeitas realizadas en cuestións de asuntos sociais, lingua, ambiente, urbanismo ou feitos máis puntuais como o recente accidente do metro en Valencia.

O Partido Popular conseguiu que a Xunta Electoral de Valencia prohibira a proxección pública do filme até que comezase a campaña electoral. Porén, Xa chega puido ser visto nuns 200 pases. Ademais, foron repartidas unhas 100.000 copias do filme en DVD e houbo unhas 250.000 visitas ás curtametraxes através da Internet. Desde o Cineclube queremos achegar tamén a nosa pequena axuda. Será este martes ás 22:00 no Pichel.

Martes 15 de maio ás 22:00
Xa chega
(Ja en tenim prou,
Colectivo, País Valenciano, 2007, VO)

Chuzame! chúzame -

7 Comentarios »

  1. isaac Said,

    maio 14, 2007 @ 2:03 pm

    parabens pola iniciativa! (postos a ser um pouco pedante, eu penso que umha traduçom mais acaida do título seria “Xa abonda” ou mesmo “Estamos fartas”. que me corrijam os bilingües).

  2. i. Said,

    maio 14, 2007 @ 7:33 pm

    pessoalmente, a mim a verdade é que me sona mais natural “xa chega” (ou mesmo mais “xa chegou”, ainda que não respeite o presente) do que “xa abonda”, mas talvez seja algo subjectivo. outra cousa seria “estamos fartas”, que perde a localização adverbial… mas, em qualquer caso, estaremos todas de acordo em que já chega, já abonda e fartas vimos estando de caralho, meu. i fins i tot es pot dir que ja en tenim prou, xiquet. no és veritat? ;)

  3. Castrov Said,

    maio 15, 2007 @ 10:38 am

    Para min que a tradución axeitada é “Xa abonda”. De feito, “xa chega” non se entende moi ben á primeira, para ser un título. Mais en fin, supoño que abonda con ver o filme. Saúde.

  4. chuza.org Said,

    maio 15, 2007 @ 11:48 am

    Proxección de “Ja en tenim prou” en Compostela…

    O Cineclube de Compostela, l’Ambaixada de Països Catalans na Galiza e a Gentalha do Pichel realizamos este martes 15 (hoxe) ás 22:00 un pase especial de “Xa abondou!” (Ja en tenim prou, Países Cataláns, 2007). Este filme colectivo pretende func…

  5. Eduardo Zaplana Said,

    maio 16, 2007 @ 11:40 am

    Peliculón.

  6. Joan Ignasi Pla Said,

    maio 16, 2007 @ 2:41 pm

    Obra mestra, obra mestra. Sublime, é dicir.

  7. As gafas de Carlos Fabra Said,

    maio 16, 2007 @ 6:16 pm

    Help (i need somebody). Valenciadeputamadre.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment