O Cineclube ante o xuízo por proxectar Terra negra
O Cineclube de Compostela enfróntase este xoves 10 de maio a unha demanda interposta pola produtora Cámara Oscura Películas SL. Esta empresa privada reclama ao Cineclube o pago de 250 euros en virtude de supostos “dereitos de exhibición” pola proxección do filme Terra Negra o 21 de Febreiro de 2006. O xuízo realizarase a partir da unha da tarde no Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña.
Desde o Cineclube de Compostela entendemos que as circunstancias nas que se realizou esta proxección están perfectamente axustadas á lexislación actualmente vixente, e considerámonos con dereito, tanto xurídico como moral, para non abonar esta cantidade. Esta postura, que cremos coherente con todo o noso traballo desde a nosa fundación no 2001, e da que se advertiu a Cámara Oscura Películas antes e despois da proxección, é a que vamos defender este xoves perante os tribunais.
O filme Terra negra ven sendo obxecto, desde a súa realización, dun boicote continuo por parte da produtora Cámara Oscura Películas, empresa administrada por Pablo Llorca, quen agora demanda ao Cineclube. Malia ao éxito que obtivo nos festivais nos que se puido ser presentada, o filme apenas puido ser visto no Estado, pola oposición da produtora, fóra de dúas salas de cinema de Madrid e Barcelona en agosto e algún pase reducido. O Cineclube de Compostela, interesado pola proxección do filme, púxose en contacto co director, Ricardo Íscar, e foi el propio, con dereitos morais sobre a fita, o que facilitou a copia que se expuxo na nosa programación, a única proxección na Galiza. Esta copia, ademais, respondía á montaxe orixinal do director, anterior á amputación obrigada por Cámara Oscura para deixar o filme en 92 minutos.
Mais, por riba de todo, desde o Cineclube queremos expresar a nosa defensa firme do acceso libre e gratuíto á cultura. Resúltanos inaceptábel ver como se traba o acceso á cultura en virtude duns supostos “dereitos” desde o mesmo sistema que permite e alenta que as empresas coarten, pervertan, manipulen e destrúan a liberdade creativa. A aposta do Cineclube é e vai ser a da liberdade total para acceder, difundir e mesmo utilizar a obra cultural, sempre que se realice fóra das lóxicas mercantís impostas polo sistema capitalista. A verdadeira censura radica en que a cultura se entenda en termos de consumo. A propiedade intelectual tamén é un roubo.
Por último, no Cineclube queremos agradecer todas as mostras de solidariedade que temos recibido desde que se coñeceu a demanda, así como as futuras que poidan chegar. O apoio da xente que estades a traballar, como nós tentamos facer, pola construcción doutro cinema, outra cultura ou outra sociedade máis xusta, é para nós a mellor proba de que imos polo bo camiño.
.
A cousa esta é mañá (xoves 10 de maio) ás 13:00 horas n'A Coruña. Cantos e cantas queirades vir, nós imos coller o tren que sae de Compostela ás 11:15 da mañá... o enderezo do xulgado é:
Xulgado do mercantil nº1
pza. Capitán Juan Varela, s/n
5º andar da Audiencia Provincial
chúzame - 
cristobendito Said,
maio 8, 2007 @ 4:20 pm
Camara Obscura, fillos de puta.
gzi Said,
maio 8, 2007 @ 6:21 pm
Desde galiza independente, agência gráfica, solidarizamo-nos com o cineclube Compostela, autêntico referente na socializaçao do conhecimento e na democratizaçao do accesso às artes e à cultura.
cineclube Said,
maio 8, 2007 @ 7:45 pm
Penduramos acó o comunicado que vimos de recibir no noso enderezo electrónico de Estaleiro Editora. Obrigad@s.
“Caras companheiras do Cineclube de Compostela:
Desde Estaleiro Editora queremos amosar-vos a nossa solidariedade e oferecer-vos o nosso apoio para o juízo do vindeiro 10 de maio.
Somos conscientes do que supom um acontecimento tal para todas as pessoas que trabalhamos nessa frágil margem na que o sistema capitalista nos deita quando nom estamos dispostas a passar polo aro de copyrights, dereitos de autor e demais obstáculos para a livre circulaçom das ideias.
Em Estaleiro Editora aplaudimos o jeito de trabalho impecável que tem levado até a data o Cineclube de Compostela e asumimos a sua política respeito das licenças como única possível para umha difusom saudável dos produtos culturais.
Fica expressado portanto o nosso apoio e desde logo a nossa disposiçom a contribuír com os meios que estejam nas nossas mans para a vossa luta, que é tamém a nossa.
Compartir nom é delito. Nom à SGAE.
Saúde e abordagem
Estaleiro Editora
zerovacas Said,
maio 9, 2007 @ 10:00 am
Sorte mañá. Supoño que todo irá ben
i. Said,
maio 9, 2007 @ 11:11 am
ha sair ben!
Irene Said,
maio 9, 2007 @ 11:48 am
Muitos ánimos e sorte amanhá!
arezarpastores Said,
maio 9, 2007 @ 1:49 pm
me-cago-en-la-madre-que-pariu-a-pablo-llorca
isaac Said,
maio 9, 2007 @ 3:22 pm
adiante, companheir@s. toda a sorte do mundo amanhá, porque a merecedes e porque a razom está do vosso lado. nom ham passar.
Mario Said,
maio 9, 2007 @ 3:23 pm
Ola a tod@s;
o certo é que ando um chisco fóra do mundo, e nom conhecía nada a respeito disto que contades no blog.
Assim que, aínda que seja tarde, envío-vos ánimo e o desejo que todo saia bem. E lamento nom estar aí pra apoiar-vos.
Saúde
abelardo Said,
maio 9, 2007 @ 3:47 pm
moi boas, desexarvos sorte e ánimos para mañá. Non vou poder ir por motivos laborais pero que saibades que contades co meu apoio. Non é moita cousa pero..en fin. Un saudo
angel santos Said,
maio 9, 2007 @ 6:39 pm
sorte mañá. hai que loitar contra estes mercaderes da cultura.
Manuel P. Barbeito Said,
maio 9, 2007 @ 7:34 pm
Teño a mágoa de non estar en a Coruña mañan, -mais un grao de area, posto no blog de mondoxibaro (axuda a espallar o vampirismo e incoherencia do “estado de dereito”).
Ánimo, e a defender a cultura libre!
osfilmes Said,
maio 9, 2007 @ 9:19 pm
flipo….
osfilmes Said,
maio 9, 2007 @ 9:19 pm
ah! ,sorte :)
patadanocu Said,
maio 9, 2007 @ 9:26 pm
escribo esta mensaxe para desexarvos muita sorte manhá no xuizo.
aquí hai muita xente que vos apoia e valora a vosa laboura. agradecemos que exista un colectivo coma vós que cre nunha cultura libre e accesíbel, pra todos. porque Terra Negra debéraa ver todo o mundo ou, alomenos, debera ter a posibilidade de vela, e aquí, en compostela, tivemos acceso a ese documentario.
Asemblea da Educación Crítica Said,
maio 9, 2007 @ 9:46 pm
Compañeir*s do Cineclube!
A Asemblea da Educación Crítica quérevos transmitir todo o noso apoio e solidariedade.
Dende a nosa proposta de loita por uns outros xeitos de facer educación, entendemos que esta debe construirse na interacción e a concientización como canle para chegares ao cambio social. É, sen dúbida, nesa construcción onde a libre circulación da cultura ocupa un lugar indispensabel.
Achegámovos as nosas voces para unirmos: Compartir non é delito!
Adiante compañeir*s!
CINEMA FRIKI » Arquivos » O Cineclube de Compostela a xuizo Said,
maio 9, 2007 @ 11:57 pm
[...] Os feitos e mis detalles aqu. [...]
Monica Said,
maio 10, 2007 @ 2:16 am
Sorte no xulgado. Non sabía nada do asunto, pero paréceme incrible que unha produtora pretenda facer valer uns dereitos, cando o director da total liberdade para expoñer a súa obra. Ademais, é a montaxe del -se aínda fose a da produtora de 92 minutos….
Ataque Escampe Said,
maio 10, 2007 @ 2:00 pm
De parte de Ataque Escampe (se ben con retraso, xa que o xuízo debeu ter sido xa) expresamos a nosa solidariedade co Cineclube. Pois iso. Saúde e/ou barbarie, adiante!
cagonavirgen Said,
maio 11, 2007 @ 11:18 am
Pablo Llorca, miserábel.
cineclube Said,
maio 11, 2007 @ 11:26 am
Vai acó o comunicado de Olholivre (CSA Atreu). Obrigad@s, claro:
“Olá compas,
tras o juiço do outro día e o pequeno `comando´ que se despraçou do atreu! e de Olholivre http://aderiva.net/tiki-index.php?page=o…) queríamos enviar algo semelhante a umha nota de solidariedade formal.
Queda ahí pois, compas, todo o nosso apoio e futurível ajuda no que seja possivel….
bjs
CSA Atreu!
Projecto audiovisual para os movimentos, Olholivre”
Brais Said,
maio 15, 2007 @ 7:08 pm
Agardo que todo saíse ben. Que se faga verdadeira xustiza, ainda que sexa pola man;
merecédela
Unha aperta.
Antòn Said,
maio 16, 2007 @ 2:12 pm
Vaia, e còmo acabou a cousa? Apertas e tirade pra diante.
Het Up about Movie Said,
xuño 4, 2007 @ 3:47 pm
Cmara oscura, La…
Cmara oscura, La…