Andrzej Munk na memoria

"Trátase dun filme que a pesar de non ter sido concluido polo seu director, pon en escena a brutalidade dos campos de concentración nazi sen retoricismo algún. A pasaxeira deixa atrás ese discurso sospeitosamente cómodo do inimaxinábel e irrepresentábel da barbarie dos campos para filmar a morte -a pesar de tratarse dunha fición!- cunha frialdade obxectiva brutal. Un achegamento 'documental', por dicilo dalgún xeito, que pon na face do espectador o horror dunha acción tan cruel e á vez simple na súa execución como era o lanzar o Zinclon B dentro da cámara de gas " (Enrique Aguilar)
Os anacos de película póstumos foron montados por Witold Lesiewicz. O filme rematouse en 1963 e proxectarase na súa versión orixinal con subtítulos ao galego.
Mércores 9 de maio ás 22:00
A pasaxeira
(Pasażerka, Andrzej Munk,
Polonia, 1963, VOSG)
chúzame -