Arquivos de Maio, 2007

Como facer un filme #1

Fax de Miramax rexeitando a proposta de Robert Kramer para a realización dun filme en 1998 que levaba por nome Ground Zero.

"O escritor amosa a súa incapacidade para expresar ideas, sentimentos, pensamentos e palabras de maneira coerente" ou, aínda, "... a historia [do filme] carece de sentido e hai unha absoluta despreocupación pola estrutura..."

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

Pirata (agora vai)

pirata

Reproducimos o correo electrónico recibido dende brigadas.grosz[arr]gmail.com

"As Brigadas de Intervención Rápida George Grosz, dende a súa célula operativa na cidade que vota descontroladamente a Gerardo Conde-Roa (aka Santiago de Compostela), veñen de realizar unha acción coincidente co xuízo celebrado o pasado 10 de maio no xulgado mercantil de A Coruña e no que se enfrontaron o Cineclube de Compostela e Cámara Oscura Filmes. A intervención consistiu no reparto de 100 exemplares fotocopiados do artefacto titulardo Pirata. Facémoslles chegar un exemplar dixital do mesmo para a súa libre distribución onde lles praza. Socialismo ou morte. Brigadas de Intervención Rápida Gerge Grosz."

Podedes descargar o arquivo aquí

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

Lisandro Alonso

Mércores 30 de maio ás 22:00
Os mortos
(Los muertos, Lisandro Alonso,
Arxentina, 2004, VO)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Farocki / Farrokhzad

Fotograma d'O lume inextingu�bel e autorretrato de F. Farrokhad

"Cara a finais do ano 1968 chamoume un redactor dicíndome que aínda lles quedaba diñeiro e que de non o gastar perderíase.
Na actualidade sufro cando vexo este filme -sempre me ten parecido tecnicamente deficiente. A causa de certo minimalismo, todas as tomas fixéronse cun obxetivo de 10mm. Un filme punk de hai moito tempo.
Mais neste filme a carraxe transfórmase en forza. Coido que o filme tira proveito de que a análise tamén poida ser unha forma de destrución".

Harun Farocki a conto d'O lume inextinguíbel.

***

Presente

Falo desde o fondo da noite,
falo desde o fondo da escuridade
e desde o fondo da noite.

Se vés pola miña casa, amigo,
trae unha lámpada e unha fiestra para que mire por ela
a multitude feliz pola calexa.

Poema de Forugh Farrokhzad, traducido desde a versión en inglés de Ahmad Karimi Hakkak. Podedes escoitar a versión orixinal en farsi premendo aquí.

Mércores 16 de maio ás 22:00
O lume inextinguíbel
(Nicht löschbares Feuer,
Harun Farocki, Alemaña,1969, 25min., VOSG)
+
A casa é negra
(Khaneh siah ast,
Forugh Farrokhzad, Irán, 1963, 22min., VOSG)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

Xa chega de dereita, aquí e en Valencia

Xa chega (Ja en tenim prou)

O Cineclube de Compostela e l'Ambaixada de Països Catalans na Galiza realizamos este martes 15 ás 22:00 un pase especial de Xa chega (Ja en tenim prou, Países Cataláns, 2007). Este filme colectivo pretende funcionar como unha alternativa á propaganda realizada polo PP desde as institucións e medios públicos no País Valenciano, inspirado en antecedentes como Hai que botalos. Deste xeito, os obxectivos son promover a opinión crítica e o voto que expulse á dereita do goberno dese país.

O filme está formado por 87 traballos nos que se fai denuncia do despotismo, a corrupción, o amiguismo e a impunidade da xestión do PP, así como das diversas desfeitas realizadas en cuestións de asuntos sociais, lingua, ambiente, urbanismo ou feitos máis puntuais como o recente accidente do metro en Valencia.

O Partido Popular conseguiu que a Xunta Electoral de Valencia prohibira a proxección pública do filme até que comezase a campaña electoral. Porén, Xa chega puido ser visto nuns 200 pases. Ademais, foron repartidas unhas 100.000 copias do filme en DVD e houbo unhas 250.000 visitas ás curtametraxes através da Internet. Desde o Cineclube queremos achegar tamén a nosa pequena axuda. Será este martes ás 22:00 no Pichel.

Martes 15 de maio ás 22:00
Xa chega
(Ja en tenim prou,
Colectivo, País Valenciano, 2007, VO)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (7)

Querervos ou barbarie (IV)

aki kaurismäki

"De parte de Ataque Escampe (se ben con retraso, xa que o xuízo debeu ter sido xa) expresamos a nosa solidariedade co Cineclube. Pois iso. Saúde e/ou barbarie, adiante!"

10 de maio de 2007

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Querervos ou barbarie (III)

"Compañeir*s do Cineclube!

A Asemblea da Educación Crítica quérevos transmitir todo o noso apoio e solidariedade.

Dende a nosa proposta de loita por uns outros xeitos de facer educación, entendemos que esta debe construirse na interacción e a concientización como canle para chegares ao cambio social. É, sen dúbida, nesa construcción onde a libre circulación da cultura ocupa un lugar indispensabel.

Achegámovos as nosas voces para unirmos: Compartir non é delito!

Adiante compañeir*s!"

9 de maio de 2007

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Querervos ou barbarie (II)

lucienne bloch, diego rivera e frida kahlo

“Caras companheiras do Cineclube de Compostela:

Desde Estaleiro Editora queremos amosar-vos a nossa solidariedade e oferecer-vos o nosso apoio para o juízo do vindeiro 10 de maio.
Somos conscientes do que supom um acontecimento tal para todas as pessoas que trabalhamos nessa frágil margem na que o sistema capitalista nos deita quando nom estamos dispostas a passar polo aro de copyrights, dereitos de autor e demais obstáculos para a livre circulaçom das ideias.
Em Estaleiro Editora aplaudimos o jeito de trabalho impecável que tem levado até a data o Cineclube de Compostela e asumimos a sua política respeito das licenças como única possível para umha difusom saudável dos produtos culturais.
Fica expressado portanto o nosso apoio e desde logo a nossa disposiçom a contribuír com os meios que estejam nas nossas mans para a vossa luta, que é tamém a nossa.

Compartir nom é delito. Nom à SGAE.
Saúde e abordagem

Estaleiro Editora"

8 de maio de 2007

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Querervos ou barbarie (I)

Joris Ivens (esq.) conversa con Santiago Álvarez

"Desde galiza independente, agência gráfica, solidarizamo-nos com o cineclube Compostela, autêntico referente na socializaçao do conhecimento e na democratizaçao do accesso às artes e à cultura."

8 de maio de 2007

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

O Cineclube ante o xuízo por proxectar Terra negra

Terra Negra

O Cineclube de Compostela enfróntase este xoves 10 de maio a unha demanda interposta pola produtora Cámara Oscura Películas SL. Esta empresa privada reclama ao Cineclube o pago de 250 euros en virtude de supostos “dereitos de exhibición” pola proxección do filme Terra Negra o 21 de Febreiro de 2006. O xuízo realizarase a partir da unha da tarde no Xulgado do Mercantil nº1 da Coruña.

Desde o Cineclube de Compostela entendemos que as circunstancias nas que se realizou esta proxección están perfectamente axustadas á lexislación actualmente vixente, e considerámonos con dereito, tanto xurídico como moral, para non abonar esta cantidade. Esta postura, que cremos coherente con todo o noso traballo desde a nosa fundación no 2001, e da que se advertiu a Cámara Oscura Películas antes e despois da proxección, é a que vamos defender este xoves perante os tribunais.

O filme Terra negra ven sendo obxecto, desde a súa realización, dun boicote continuo por parte da produtora Cámara Oscura Películas, empresa administrada por Pablo Llorca, quen agora demanda ao Cineclube. Malia ao éxito que obtivo nos festivais nos que se puido ser presentada, o filme apenas puido ser visto no Estado, pola oposición da produtora, fóra de dúas salas de cinema de Madrid e Barcelona en agosto e algún pase reducido. O Cineclube de Compostela, interesado pola proxección do filme, púxose en contacto co director, Ricardo Íscar, e foi el propio, con dereitos morais sobre a fita, o que facilitou a copia que se expuxo na nosa programación, a única proxección na Galiza. Esta copia, ademais, respondía á montaxe orixinal do director, anterior á amputación obrigada por Cámara Oscura para deixar o filme en 92 minutos.

Mais, por riba de todo, desde o Cineclube queremos expresar a nosa defensa firme do acceso libre e gratuíto á cultura. Resúltanos inaceptábel ver como se traba o acceso á cultura en virtude duns supostos “dereitos” desde o mesmo sistema que permite e alenta que as empresas coarten, pervertan, manipulen e destrúan a liberdade creativa. A aposta do Cineclube é e vai ser a da liberdade total para acceder, difundir e mesmo utilizar a obra cultural, sempre que se realice fóra das lóxicas mercantís impostas polo sistema capitalista. A verdadeira censura radica en que a cultura se entenda en termos de consumo. A propiedade intelectual tamén é un roubo.

Por último, no Cineclube queremos agradecer todas as mostras de solidariedade que temos recibido desde que se coñeceu a demanda, así como as futuras que poidan chegar. O apoio da xente que estades a traballar, como nós tentamos facer, pola construcción doutro cinema, outra cultura ou outra sociedade máis xusta, é para nós a mellor proba de que imos polo bo camiño.

.

A cousa esta é mañá (xoves 10 de maio) ás 13:00 horas n'A Coruña. Cantos e cantas queirades vir, nós imos coller o tren que sae de Compostela ás 11:15 da mañá... o enderezo do xulgado é:

Xulgado do mercantil nº1
pza. Capitán Juan Varela, s/n
5º andar da Audiencia Provincial

Chuzame! chuzame -

Comentarios (24)

« Anotacións acteriores