Arquivos de Abril, 2007

Maio no Cineclube de Compostela

maio07
...

Mércores 2 de maio ás 22:00
A infancia espida
(L’enfance nue,
Maurice Pialat, Francia, 1968, VOSE)

Mércores 9 de maio ás 22:00
A pasaxeira
(Pasazerka, Andrzej Munk,
Polonia, 1963, VOSG)

Mércores 16 de maio ás 22:00
O lume inextinguíbel
(Nicht löschbares Feuer,
Harun Farocki, Alemaña,1969, VOSG)
+
A casa é negra
(Khaneh siah ast,
Forugh Farrokhzad, Irán, 1963, VOSG)

Mércores 30 de maio ás 22:00
Os mortos
(Los muertos, Lisandro Alonso,
Arxentina, 2004, VO)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (4)

E que veñan máis…

 

O Alberte Pagán gañou onte o premio Roman Gubern de ensaio cinematográfico co seu filme Bs. As., que se puido ver no Cineclube aí atrás. Dende acó o nosos parabéns.

Chuzame! chuzame -

Comentarios (2)

Wiseman, as condicións mudaron?

Lei e Orde

Fujiwara Toshifumi: Fred, és un dos poucos grandes directores aos que lle censuraron o primeiro filme.
Frederick Wiseman: 24 anos.
FT: Como te sentes sobre iso?
FW: Teño unha visión máis simple que a de Robert [Kramer], estou en contra. Mais decote, o conto do que dis está na complicidade, en que a xente que censura quere que o cineasta colabore na decisión. Eu atopo iso na televisión pública estadounidense. Está moi balcanizada e nalgunhas emisoras non permiten que se emitan as palabras “castrón” ou “merda”. O meu contrato coa televisión pública di por escrito que non se poden facer cambios sen o meu permiso. E todos os anos chegan e dinme que tal emisora de Carolina do Sur ou tal emisora de Houston non vai pór tal filme. Vala cortar? E eu digo “NON, se corto a linguaxe estou a censurar o meu propio filme”. Axúdoos a sair dunha situación difícil. Quero que se poña o film, mais non vou comprometer o que penso que é correcto para lograr que se poña. [...]
Con Titticut Follies, a decisión orixinal da Audiencia Suprema de Massachusetts dicía que tiña que pór unha nota ao final do filme, explicando que mudaran as condicións en Bridgewater desde que se fixera o filme. Tiña que facer iso para proxectar o filme en calquera sitio. Así que coloquei un intertítulo que dicía “Por orde da Audiencia Suprema de Massachusetts, cómpre incluír unha nota final neste filme, dicindo que as condicións mudaran”. Había ese intertítulo e logo outro que dicía “As condicións mudaron”. E un final perfecto para o filme, porque reflicte a ridiculez da orde.

Anaco dunha entrevista de Aaron Gerow e Fujiwara Toshifumi a Frederick Wiseman e Robert Kramer. Podedes ler a entrevista enteira en inglés aqui.

Mércores 25 de Abril de 2007 ás 22:00
Lei e orde
(Law & Order, Frederick Wiseman, EUA, 1969, 81', VOSE)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Carlos Fuentealba, presente!

Neuquen

Manifesto dos documentaristas arxentinos rexeitando a represión en Neuquén:

En Neuquén, as empresas petroleiras privadas arrecadan 6000 pesos arxentinos POR MINUTO. A participación que lle queda á provincia é de 2800 pesos POR MINUTO. O gobernador Sobisch paga aos mestres un soldo básico de 399 pesos POR MES.
Non podemos falar de incompetencia, desleixo ou distracción. Poderíamos falar de gobernantes que levan o capitalismo a serio até a fin última. Se alguén asasina, cómpre esperar que sexa xulgado e vaia a cadea. Sumámonos á esixencia da renuncia do gobernador Sobisch.
Solidarizámonos cos docentes en loita de Neuquén e de todo o país. Pola conformación dun fondo de folga para que a loita non sexa derrotada pola fame.

(máis información en Indymedia Arxentina)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Abril, xa era tempo: cinema directo

abril

Mércores, 18 de Abril ás 22:00
Muhammad Ali, “o máis grande”
(Muhammad Ali the Greatest, William Klein, EUA, 1964-74, 120′, VOSG)

Mércores, 25 de Abril (sempre) ás 22:00
Lei e Orde
(Law & Order, Frederick Wiseman, EUA, 1969, 81', VOSE)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

A revolta do deportista negro

México 1968

O material de arquivo de Muhammad Ali úsase para vender de todo, desde refrescos a coches. A imaxe coa que nos malcriaron é a do boxeador incribelmente carismático, que danza polo ring e berra “Son o máis grande”. O Muhammad Ali de agora é tamén unha figura moi pública, malia a súa imposibilidade case total para moverse ou falar. A súa voz foi calada a un tempo polos anos de boxeo e pola enfermidade do Párkinson. Este Ali foi abrazado polo sistema como un santo en vida. En 1996, mandárono, coas súas mans tremelicando, a acender o lume olímpico en Atlanta. En 2002, “aceitou protagonizar unha campaña publicitaria producida por Hollywood, deseñada para presentar os Estados Unidos e a guerra en Afganistán ao mundo árabe”.

Ali foi completamente absorbido polo sistema como unha lenda, unha icona inofensiva. Case non queda ren da controvertida verdade: nunca houbo un deportista tan insultado pola prensa do poder, tan perseguido polo goberno estadounidense nin tan desafiantemente querido en todo o mundo como Muhammad Ali. Apenas queda xa unha mención deste Ali, o catalizador que trasladou os temas do racismo e a guerra ao deporte profesional. [...]

A historia oculta de Muhammad Ali e a revolta dos deportistas negros nos 60 é unha historia aínda viva. Esixíndolla aos poderosos podemos entender máis sobre as loitas dos 60. Podemos ver como a loita pode agromar en cada aspecto da vida so o capitalismo. Tamén no deporte.

(A historia oculta de Muhammad Ali. A revolta do deportista negro, artigo de David Zirin publicado en International Socialist Review, nº 33, Xaneiro-Febreiro do 2004. O artigo foi traducido desde o inglés por Iván Cuevas e podédelo descargar enteiro aquí.)

Mércores, 18 de Abril ás 22:00
Muhammad Ali, "o máis grande"
(Muhammad Ali the Greatest, William Klein, EUA, 1964-74, 120', VOSG)

Chuzame! chuzame -

Comentarios (1)

Mohamed Alí no cineclube (II)

 

1964. Cassius Clay proclámase campión mundial dos pesos pesados. No día seguinte declárase membro dos Black Muslims e muda o seu nome polo de Mohamed Alí.

1967. Rexeita acudir á guerra no Vietnam. Os EUA retíranlle o título e a licenza de boxeador.

1974. Recupera o seu título fronte a Georges Foreman no primeiro campionato organizado na África negra, no Zaire.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

William Klein no cineclube

 

"... penso que os Estados Unidos son ben máis perigosos ca Corea do Norte. Os EUA si que teñen armas de destrución masiva. Daquela, deberían lanzar un ataque preventivo contra eles..." (William Klein)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

Mohamed Alí no cineclube (I)

Muhammad Alí con Sam Cooke...

(grazas a if charlie parker was a gunslinger,
there'd be a whole lot of dead copycats
)

Mércores, 18 de abril ás 22:00
Muhammad Alí, "o máis grande"
(Muhammad Ali, the Greatest; William Klein, EUA, 1964-74, 120', VOSG)

Chuzame! chuzame -

Comentarios

e foron todos cear xuntos…

"De volta de Florencia, eu escribira este artigo “Por un novo cinéma verité” (France Obsrvateur nº 506, 14 de xuño de 1960). E a Rouch propúxenlle daquela que fixeramos un filme en Francia sobre o tema que me impuxera a min mesmo: “Como é que vives?” . Este proxecto era á vez focalizado e completamente impreciso. Focalizado porque podía expresalo en tres liñas, e por outra banda foi en tres frases como llo expuxen à Anatole Dauman para suxerirlle que fose el o productor. É un asunto dabondo aberto para abarcar ó mesmo tempo os problemas materiais/económicos e morais/psicolóxicos. Era un tema que me atinxía directamente porque nesa época eu mesmo me facía esa pregunta e, no fondo buscaba unha resposta a través dos outros. Pero o que máis me interesaba do proxecto, eran as formas dos diálogos, esa palabra que o novo cinema falado aportaba a maiores. Era vagamente sonoro, facía ruídos, sons, mais nunca fora a expresión dunha palabra, dun pensamento, dun individuo. Por suposto decatábame de que só Jean Rouch podería levar comigo este experimento ata o final."

Edgar Morin nunha entrevista a Mohand Ben Salama para CinémAction, nº 81. Jean
Rouch ou le ciné-plaisir
, dirixida por René Predal. Outubro de 1996,
París. Podedes descargar o texto enteiro, traducido por Mila Pérez Arias dende o francés acó.

Chuzame! chuzame -

Comentarios

« Anotacións acteriores