Non só o que nos queren facer ver que é…

Marzo 22nd, 2007 | by cineclubedecompostela |

“…a idea que se ten decote de que o cinema tan só amosa é falsa. Se o pensas é evidente, claro, mais cómprenos tamén enxergar que o cinema non amosa. Se reparades, a idea é a seguinte: que o encadramento, o fotograma, a base mesma do cinema, esixe aceptar que non é só un espazo que fai visíbeis as cousas senón que se trata, asemade, dunha xanela que tapa o que rodea a todo aquilo que é mostrado”.

Nunha entrevista a Eyal Silvan, codirector do imprescindíbel filme Ruta 181, fragmento dunha viaxe en Palestina-Israel (2003). Recollida por Enrique Aguilar e Rubén Margalló para http://www.contrapicado.net

Sorry, comments for this entry are closed at this time.