A sedución do caos

 

"Tal que estiveramos no "teatro da indiferenza" co que John Berger identifica os modos de comunicación na urbe moderna, acó "as apariencias ocultan o fracaso, as palabras ocultan os feitos e os símbolos ocultan os seus referentes". Insíresenos nunha galaxia chea de signos equívocos e ambiguos, na que nada é o que parece e na que toda realidade se descobre como fición, na que toda apariencia se descobre representación. A proposta de Patino vén desenvolver a fondo e in extenso o interrogante que se formulaba o protagonista do seu filme anterior (Madrid, 1987) ao se cuestionar se a realidade podería mudar en fición polo único feito de atravesar o obxectivo dunha cámara... Mais volvamos á lóxica de John Berger, que -se cadra de xeito inconsciente- semella inspirar a articulación do discurso que propón Patino: "Ao tomarmos por verdade unha mentira, a verdade real converte a falsa nunha verdade meramente teatral". Esta é a premisa de Patino que, de maneira cíclica e repetitiva, artella o encadeamento sucesivo de falsas verdades, de apariencias desveladas, de mentiras e representacións, no organigrama d'A sedución do caos.
(...) O que fan é imitar a gramática do telexornal, reproducir a torpeza dalgúns movementos de cámara, falsificar supostos programas de arquivo, copiar a estética dun vídeo familiar, simular os lugares comúns dos informativos de actualidade. Teñen fasquía de "datos reais" cando en realidade se trata de sucesivas representacións audiovisuais."

Carlos F. Heredero. ARCHIVOS DE LA FILMOTECA. Valencia, abril/junio, 1992

Mércores, 21 de marzo, 22:00
A sedución do caos
(La seducción del caos,
Basilio Martín Patino,
Estado español, 1990, VO)

Chuzame! chuzame -

Leave a Comment