A rapaza da caixa de chapeus

"A prevalencia da posta en escena sobre o guión e correlativamente a importancia tomada pola improvisación no momento da rodaxe; a interacción entre a situación onde os actores son mergullados na realidade da rodaxe e o reflexo obtido no plano da actuación, da fición. Eis as características de Boris Barnet. Estas posicións ou compromisos contrastan de certo coas definicións canónicas do cinema soviético, quer sexa mudo (onde domina a montaxe curta), quer falado (onde reina a "ditadura" do guión). [...] Ora ben, cando roda A rapaza da caixa de chapeus, Barnet escrebe esta frase "provocadora", pola que se lle ten cualificado decote (e por demais) de "alumno de Kulexov": "Traballando, descubrimos un feito sorprendente e agradábel para nós: pódese construír unha escena abraiando o espectador non pola montaxe, mais pola propia posta en escena" (Sovietski Ekran, nº 12, 19 de Marzo de 1927). Por consecuencia desta preminencia da "actuación" ("o que está en xogo no traballo é o actor"), o plano xeral é preferido ao primeiro plano, unidade de base da montaxe curta"

(Albera, François. Boris Barnet. Editions du Festival international du film de Locarno, 1985, citado en http://www.kinoglaz.fr/personnalites_b.htm)

Mércores, 7 de marzo, 22:00
A rapaza da caixa de chapeus
(Devushka s korobkoy, Boris Barnet, URSS, 1927, muda, VOSG)

Chuzame! chuzame -

1 Comentario »

  1. r. Said,

    marzo 9, 2007 @ 10:50 am

    esa escena cara ao final co alfinete entre os dous protas non vai haber quen carallo a esqueza, meus…

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment