Fai un sol de carallo
Como financias o teu labor de dirección cando é obvio que non tiras moitos cartos das billeterías?
Págome os filmes vendendo as miñas fotografías. Tiven unha exposición en Nova Iorque en 2000, na Galería Andrea Rossen, mais agora os Estados Unidos teñen sancións e non se pode facer intercambio comercial.
Foi dificil atopar un visado do goberno estadounidense para esta viaxe?
Foron amábeis comigo. Déronme un visado. Mais ao chegar aquí, no aeroporto JFK, tiven dúas horas e media de preguntas.
O goberno estadounidense fai preguntas?
Non como as fas ti. É só para te dares de conta de que están a vixilarte. Preguntáronme: Cantos anos ten a túa nai? Cantos anos ten o teu pai? Onde vives? Respondín todas as preguntas con gusto.
Cantos anos ten a túa nai?
Ten 105. É mui alegre e calma.
Que pensa dos teus filmes?
Durme neles.
Non quitas nunca os lentes de sol?
Cando me meto na ducha.
Anaco dunha entrevista de Deborah Solomon a Abbas Kiarostami publicada no The New York Times, o 11 de marzo de 2007 (http://www.nytimes.com/2007/03/11/magazine/11wwlnQ4.t.html). Anaco seleccionado por Errância (http://errancia.wordpress.com/2007/03/14/contos/)
chuzame - 

