“Os nosos filmes sempre foron salvaxes”

 

No grande arrabalde de Roma, no cimo dun predio feito de tixolos, unha casa con duas estancias acolle desde hai vinte anos a parella de francotiradores máis audaces do cinema europeo, xunta as súas múltiplas mascotas. É el quen responde mais polo miúdo, é ela quen precisa e corrixe as inexactitudes. En toda a entrevista mantense esta complementariedade que caracteriza a súa obra. Como adaptastes a novela de Vittorini ao filme?

Jean-Marie Straub : Todas as palabras do filme veñen do texto, mais os diálogos non existían deste xeito na novela. Estaban decote en estilo indirecto ou entrecortados por destaques psicolóxicos. Unha vez que arranxamos os blocos de texto, cómpre buscar os nervios, as articulacións encol das que construír a posta en escena. Esas son decisións estéticas e, xa que logo, políticas: cómpre saber de que lado estás!
Danièle Huillet: Ese traballo faino primeiro só o Jean-Marie; ben logo, eu critícoo e discutimos. Mentres dura a primeira fase, el anda á procura, sofre. De súpeto, di :  "Estou comezando a ver algo". A xente di que Straub traballa coas palabras. É falso. Procura as imaxes.

[Entrevista realizada por Jean-Michel Frodon e publicada en Le Monde o 15 de setembro de 1999 e traducida ao galego por Iván Cuevas. Podes baixar o .pdf enteiro premendo acó.]

Mércores, 28 de febreiro, 22:00
Sicilia!
(Danièle Huillet e Jean-Marie Straub,
Italia/Francia/Suíza,
1999, VOSG)

Chuzame! chuzame -

Leave a Comment