Bs. As., Alberte Pagán no Cineclube

 

Este mércores da semana que entra o Cineclube vai estrear en Compostela Bs. As., o último filme do cineasta d'O Carballiño Alberte Pagán (Conversas em Zapatera, Como foi o conto, Os Waslala).
Bs. As. foi xa amosado aí acabando 2006 na sección "Llendes" do Festival Internacional de Cinema Independente de Xixón e vén de ser seleccionado para a competición oficial no Festival Internacional de Cinema Documental de Nafarroa "Punto de Vista", un certame de referencia para o cinema documental europeo.

Para a proxección imos contar coa presenza do propio autor do filme.

Mércores, 7 de febreiro, 22:00
Bs. As. (Alberte Pagán, Galiza, 2006, 79 min.)

"Bs. As. narra a historia dos familiares de Alberte Pagán na Arxentina. A narración oral e a lectura de e-mails serven como escusa para facer unha “sinfonía da cidade” de Bos Aires. Pagán evidénciase, o autor faise palpábel na enunciación, parte da súa historia familiar para retratar a cidade e facer unha reflexión sobre o paso do tempo. Pagán chega a Bs. As. despois de varias obras decoñecidas de experimentación e afianzamento no medio audiovisual (Como foi o conto e Os Waslala). Mais, para comprender os seus presupostos audiovisuais, hai que (re)perfilar a súa traxectoria e fixarse na súa faceta de investigador cinematográfico, xa que é unha das maiores autoridades europeas no cinema experimental." (Xurxo González)

Podedes tamén ler unha entrevista que lle fixemos en 2006 premendo acó

Chuzame! chúzame -

4 Comentarios »

  1. d. Said,

    febreiro 8, 2007 @ 1:00 pm

    O filme de Pagán en gran pantalla é realmente abraiante. Unha lección de ‘que facer’ aquí e agora co cinema.

    Parabéns e grazas,
    socialismo e bicos.

    d.

  2. albert alcoz Said,

    febreiro 13, 2007 @ 10:30 pm

    ¿Me podrías decir si el libro de Alberte Pagán de Introducción a los clásicos del cine experimental está disponible en algun sitio? Me parece que envié un mail al Centro Gallego de Arte Contemporáneo pero no llegué a recibir ninguna respuesta…

    Saludos.

  3. ivan Said,

    febreiro 14, 2007 @ 12:57 am

    Pois se non está fora de catálogo (e eu lembro velo non hai moito tempo), debera estar á venda na libraría do CGAC. En todo caso, supoño que xa o saberás, está na Biblioteca da Filmoteca de Catalunya.

    Se o que queres é compralo, e os do CGAC non che fan caso, eu vou por Compostela por Semana Santa, e podería traelo a Barcelona.

    Saúdos.

  4. Cineclube de Compostela » E que veñan máis… Said,

    abril 27, 2007 @ 11:08 am

    [...] O Alberte Pagán gañou onte o premio Roman Gubern de ensaio cinematográfico co seu filme Bs. As., que se puido ver no Cineclube aí atrás. Dende acó o nosos parabéns. [...]

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment